14.10.09

¿Por que España ten unha taxa de paro que duplica a media da UE?


España ten agora mesmo unha taxa de paro do 18,5%, máis do dobre que a da UE e, no entanto, non hai movilizacións na rúa. ¿Cal podería ser o motivo?.

Segundo un informe da PYMEC (Patronal da pequena e mediana empresa) as actividades non reguladas (economía submerxida) supón o 23% do PIB español, 10 puntos por riba da media dos 15 países máis ricos da UE.

Indican tamén que se España tivese unha economía submerxida similar á que existe nestes países, o sistema absorvería 2,5 millóns de parados, que traballarían de forma legal cotizando e non engrosarían as cifras do paro.

Fonte: EL PAÍS

5.10.09

España no posto nº15 en calidade de vida


Segundo os datos do 2007 (antes da crise que nos afecta) España permanece na mesma posición que o ano anterior no ranking dos países máis desenvolvidos.

Utilizando o IDH (Índice de Desenvolvemento Humano) España estaría por diante de países como Alemaña, Dinamarca, Bélxica ou Reino Unido.

Nos primeiros postos aparecían Noruega, Australia e Islandia (outro dos grandes afectados pola crise).