1.1.14

Contratos de traballo




Coa nova reforma, dende o 1 de xaneiro de 2014 se simplifican as modalidades de contratación, pasando de 42 a 4. A partir de agora os modelos de contrato serán os seguintes:

1) Indefinido
2) Temporal
3) Formación
4) Prácticas

No entanto, dentro do indefinido e o temporal seguirán existindo diferentes casuísticas e situacións diferentes con diferentes características e bonificións. Polo que máis ben cabe falar dunha simplificación formal e non real.
Nos contratos de formación e prácticas hai dous casos: un ordinario e outro para persoas con discapacidade.

No portal do SEPE (Servizo Público de Emprego) podes ver as características dos mesmos, e un asistente que en 5 pasos orienta sobre cal é o modelo máis adecuado á contratación dun traballador en cada caso.

Portal do SEPE
Guía de contratos