13.12.12

Planeta Zara

Como ben sabedes, algúns de nós iremos de visita ás instalacións que Inditex ten en Arteixo. Aquí tedes un video para ir facendo boca, está realizado en 2002, pero reflicte o espíritu da compañía, as características que a fan única no mundo das multinacionais do téxtil.

1.12.12

O teletraballo en España afecta ao 8% da poboación traballadora




Non chega ao 17% de países como Finlandia, pero cada ano aumenta o número de persoas que non teñen que desprazarse ao un centro de traballo, senón levantar da cama e acender o ordenador.
Ten moitas vantaxes para empresa e traballadores, pero tamén pode ter efectos negativos.
Para ver a noticia completa pincha no enlace.

7.11.12

Zara factura en Irlanda la mayor parte de las ventas 'online'


Solo factura en España las ventas 'online' nacionales. Esto es debido fundamentalmente a que en Irlanda el impuesto de sociedades es del 12,5% frente al 30% que existe en España.
ver noticia completa en EL PAÍS

1.11.12

Adquisición ou absorción de empresas (Tema 4)


Hai tempo Telefónica lanzou unha OPA (oferta pública de adquisición de acciones) polo 100% da operadora brasileña GVT por 2.550 millóns de euros
GVT é a cuarta operadora de Brasil, o que sumado a Telecomunicações de São Paulo (Telesp), filial brasileña del grupo Telefónica, daría á empresa española unha posición forte nas comunicacións brasileiras.
A oferta estaba condicionada á adquisición de polo menos o 51% do capital social de GVT.

9.2.12

Ranking de empleo das titulacións máis demandadas

O último ranking é de 2010. O ranking ven ordeado pola demanda que teñen as diferentes carreiras, e como podedes ver as relacionadas coa nosa materia están entre os primeiros postos (ADE é a 1ª do ranking). Isto débese á versatilidade que teñen estas titulacións, que fan que un titulado en ADE sirva para moitos postos de traballo diferentes demandados polas empresas.
Agora ben, tamén hai moita xente estudando estes graos, así que existe competencia.
Unha información interesante que se desprende dos datos do ranking é comparar as columnas de "Estudiantes %" e "Ofertas%", a 1ª é a porcentaxe que supón esa titulación fronte ao total, a 2ª a porcentaxe de demandas de traballo das empresas de estudantes desa titulación fronte ao total.
Por exemplo un 1,8% dos estudantes fai Enxeñería Industrial, pero un 5,34% das demandas das empresas son de eses titulados. Por tanto é unha carreira con saídas laborais.
Un 4,9% fai periodismo, pero as demandas de periodistas son de un 0,45% do total. É unha carreira con pouca saídas profesionais.

Se queres podes descargar o documento completo do anuario 2010 de Entre Estudiantes