21.3.13

¿Por que ao meu móbil se lle estropea a bateria antes dos dous anos de uso?

Comprar, TIRAR, Comprar .... a historia secreta da obsolescencia programada.

¿Sabes que as impresoras poden levar un chip contador que bloquea o seu uso cando supera un número determinado de copias, e así obrigarte a comprar outra?. ¿Ou que cando instalas un novo sistema operativo non dispoñen de un driver para poder usala con el?
¿Que as bombillas están feitas para fallar ás 1000 horas de uso, ainda que hai tecnoloxía dende hai case cen anos para que duren 25000?


Neste documental da 2 de TVE podes dar resposta a algunha das preguntas que seguramente terás feito nalgunha ocasión:
¿existindo avances tecnológicos tan importantes por que os produtos duran tan pouco?
¿a dónde van a parar los residuos electrónicos?

Tamén unha introdución das novas teorías económicas do decrecemento sobre a base da redución, contra a sobreprodución e o sobreconsumo.

Reflexión final: Se a felicidade dependese do noso nivel de consumo, deberiamos ser absolutamente felices, xa que consumimos 20 veces máis que hai un século.