14.12.17

Os españois traballamos máis ca ninguén e somos os menos produtivos


Produción non é sinónimo de produtividade. E nós somos o mellor exemplo.

A idea de que traballar é estar no posto de traballo, leva aos españois a traballar ata 200 horas máis ao ano que os seus veciños europeos, sendo España o país europeo no que máis horas se traballa, pero tamén o que conta coa produtividade máis baixa, só por diante de Portugal.
A Comisión Nacional para a Racionalización dos Horarios Españois avoga por implantar uns horarios máis humanos e europeos que axuden a acabar con esta situación.

Non hai ningún outro país europeo coa irregularidade de horarios de España, onde prima máis a cultura da presenza que a da eficiencia no mundo laboral.

O presidente da Comisión explicou ademais que esta cultura do presentismo laboral non ten ningún sentido, porque a produtividade dunha persoa diminúe logo de sete ou oito horas de traballo eficaz.

As mulleres son ademais as máis prexudicadas por este sistema horario, algo que é froito duns "horarios machistas" herdados da época na que a muller traballaba só en casa e que hoxe en día obrigan a moitas delas a elixir entre a familia e o traballo, debido á falta de conciliación e reparto dos roles nos fogares españois.

A solución a esta situación é, segundo el, pasar da cultura de presenza na que nos atopamos a unha de eficiencia que, en última instancia, tenda á excelencia.