9.2.12

Ranking de empleo das titulacións máis demandadas

O último ranking é de 2010. O ranking ven ordeado pola demanda que teñen as diferentes carreiras, e como podedes ver as relacionadas coa nosa materia están entre os primeiros postos (ADE é a 1ª do ranking). Isto débese á versatilidade que teñen estas titulacións, que fan que un titulado en ADE sirva para moitos postos de traballo diferentes demandados polas empresas.
Agora ben, tamén hai moita xente estudando estes graos, así que existe competencia.
Unha información interesante que se desprende dos datos do ranking é comparar as columnas de "Estudiantes %" e "Ofertas%", a 1ª é a porcentaxe que supón esa titulación fronte ao total, a 2ª a porcentaxe de demandas de traballo das empresas de estudantes desa titulación fronte ao total.
Por exemplo un 1,8% dos estudantes fai Enxeñería Industrial, pero un 5,34% das demandas das empresas son de eses titulados. Por tanto é unha carreira con saídas laborais.
Un 4,9% fai periodismo, pero as demandas de periodistas son de un 0,45% do total. É unha carreira con pouca saídas profesionais.

Se queres podes descargar o documento completo do anuario 2010 de Entre Estudiantes