14.2.13

Investigación de mercados: Observación

Mercadona observa a sus clientes para saber cómo usan sus productos y adaptarlos a ellos. Lee la noticia completa en El País

13.2.13

Complemento tema 9: Dinkys, singles e outros segmentos de mercado


Como xa vimos en clase, un dos pilares da estratexia do marketing dunha empresa é a segmentación de mercados, e para iso é necesario dividir o mercado en grupos de clientes que se comporten do mesmo xeito ante os produtos.
Antes facíase producindo diferente para homes e mulleres (Wolkswagen New Beatle orientado ás mulleres, con flores no salpicadeiro) ou por edades, pero agora as diferenciacións son máis complexas, en función dos estilos de vida, intereses, etc. Hai  nenos que consumen como adultos ou adolescentes de 35 anos. Tamén as unidades familiares son diferentes agora, máis da metade non responden ao esquema de parella con fillos.
Así existen novos colectivos importantes para os especialistas en marketing:
persoas novas non emancipadas - entre 18 e 35 anos que aínda viven na casa dos proxenitores, e condicionados pola pertenza a un grupo de amistades na que desexa destacar (ex. de produto: Wolkswagen Golf, Audi A4, Mazda 3, iPhone)
Singles e OP (one parents)- son persoas menores de 60 anos que elixiron vivir independentemente de parellas ou familia, sexan solteiros, divorciados ou viuvos. Tamén se caracterizan polo seu hedonismo, despreocupación e dinamicidade. Destacan por ser os máis gastadores, son sibaritas e compradores compulsivos.
dinkys - double income no kids yet. Parellas de entre 25 e 40 anos que viven xuntos, frecuentemente en aluguer e en entornos urbanos, onde ambos traballan e teñen un alto poder adquisitivo grazas á súa profesión. Son un grupo que ten experimentado un gran crecemento. Alto carácter narcisista e hedonista.
grey market ou Seniors boomers - individuos entre 55 e 70 anos, as súas prioridades son cara á saúde e manterse en forma. (ex. de produto: BrainTraining de Nintendo)
pink market - colectivo homosexual. Teñen un nivel socioeconómico medio-alto, con un perfil moi consumista. É fiel a marcas que fan un esforzo público de integración do seu grupo. (Ex. as campañas de roupa e fragancias de Calvin Klein).
hipster o moderniqui Zapatillas Van o Converse, bolso de bandoleira Puma, pelo cuidadamente despeinado, gafapasta, móbil ou tableta de última xeración. Sempre atento ás últimas tendencias, en continua tensión entre o novo e o retro.
metrosexuais - homes que gostan de coidados ou productos antes reservados ás mulleres. Adican moito tempo ao seu coidado e estética persoal.
inmigrantes - grupo heteroxéneo. o seu consumo ven determinado fundamentalmente polo prezo do produto, o su afán integrador. Un exemplo: empresas de telefonía como Vodafone ou Movistar e os seus plans especiais para chamadas internacionais; comida, roupa, lugares de ocio especiais.
outros segmentos: ubersexuais, adultescentes, tweens, geeks, bobos, mulleres alfa

ver máis en http://blocs.xtec.cat/tastetsdeconomia/files/2009/03/dossier104_els_nous_consumidors.pdf

Complemento tema 9 (II): O marketing

¿Que hai de certo no que vemos?



Toda a verdade sobre a publicidade



Observa os trucos que teñen os centros comerciais para que a xente compre.
¿Cales son os recursos psicolóxicos utilizados nos centros comerciais para atraer aos consumidores?.