11.5.08

¿biocombustibles asasinos?

Campo Verde (Brasil) - Foto de Bloomberg

Hai máis dun ano desde este mesmo blog dábamos a voz de alarma sobre os efectos negativos dos biocarburantes, considerados por esas datas como a gran solución medioambiental, agora expoñemos un resumo dun artículo publicado no País que pon as cousas moi claras.
A crise alimentaria sementa dúbidas sobre o papel do biocarburante na seguridade enerxética e ambiental. Mimados polos subsidios e a lexislación en Europa e en Estados Unidos, os biocarburantes creceron nos últimos anos á mesma velocidade que agora perden apoios. Sen os biocarburantes, a gasolina sería aínda un 15% máis cara. Pero o impacto sobre o incremento dos prezos dos alimentos vai moito máis alá. O problema é que non hai moitas alternativas: o crecemento económico esixe enerxía en grandes doses. E ante a puxanza de China e India, de onde vai vir a enerxía necesaria se non sae de aí? Imos dicirlles aos países en desenvolvemento que non crezan?.

Os produtores de biocombustibles eran hai nada unha bendición para o medio ambiente, e á súa vez unha alternativa ao petróleo, cada vez máis caro e escaso, e polo tanto unha aposta de futuro para apontoar a seguridade enerxética internacional, pero deu lugar ao encarecemento dos alimentos e a súa fames negras que afectan xa a case 40 países.

Europa destina pouco máis do 4,5% de todos os cereais cultivados á produción enerxética, uns 21,5 millóns de toneladas. Pero as cifras globais son máis importantes, e sobre todo a tendencia de crecemento é abafadora. Case un terzo do millo que creceu o ano pasado nos campos estadounidenses (preto de 80 millóns de toneladas) alimentan hoxe coches, e non persoas.

Os fortes subsidios e o apoio regulatorio que ofrecen a Unión Europea e o Goberno de EE UU ao cultivo de materias primas para biofuel fan cada vez máis atractivo destinar as colleitas a encher os depósitos e non os estómagos. Iso inflúe directamente nas cotizacións. O aumento da produción de millo obtívose a expensas de colleitas doutros cereais, con efectos sobre os prezos polas súas consecuencias en toda a cadea alimentaria.

Os expertos cuéstionanse se o biocarburante, chamado a reducir a tiranía do petróleo, é tan rendible como parecía. Á marxe dos subsidios, só saen a conta se se combinan altos prezos para o cru e baixos prezos para o cereal (talvez coa excepción do etanol de Brasil). O primeiro está servido: tanto o cru brent europeo como o West Texas estadounidense superaron xa os 120 dólares por barril, e van camiño dos 150 e ata dos 200 dólares. O segundo é cada vez máis complicado. O millo vale agora preto de oito dólares por bushel (24,5 quilos) na Bolsa de Chicago, un 60% máis que o ano pasado. O trigo subiu o 53% nun ano. E a soia un 40%.

Ante esas distorsiones no mercado alimentario, parece oportuna unha moratoria en Europa para atrasar os ambiciosos plans de utilización de biocarburantes, que segundo a normativa actual deben supor polo menos o 10% das gasolinas en 2020. Pero o presidente Bush declarou fai uns días que os biocombustibles "só son responsables do 15% da inflación nos alimentos". Bush continúa defendendo contra vento e marea este combustible, ao que considera indispensable para reducir a dependencia enerxética estadounidense, unha das súas obsesións. De aí o gran volume de subvencións que se conceden para a plantación de millo e das leis que apoian a súa transformación en carburante. Na Unión Europea a situación é similar. Bruxelas mantén os seus apoios ao biocarburante, a pesar de que xa xurdiron as primeiras voces discordantes.

Hartmut Michel, premio Nobel de Química en 1988, asegurou xa en 2007 que os biocarburantes non aforran emisións de CO2. Michel explicaba que para conseguir o combustible é necesario o uso de fertilizante, maquinaria e unha destilación que provocan que se acabe emitindo máis CO2 do que produce calquera motor de gasolina nun coche. Os ecoloxistas apuntan outros factores. "Hai que engadir a deforestación que causan as plantacións. Hai países onde se substitúen cultivos, esnaquízanse bosques ou se planta en zonas sumamente fértiles que poderían destinarse ao autoabastecimiento", matizan os investigadores de Intermón. Así o aceite de palma encareceuse un 37% por culpa do biocombustible. O millo, un 60%. A soia, un 30%. Só hai unha excepción: a cana de azucre de Brasil. En Estados Unidos e a Unión Europea, a produción é custosa e, a pesar das subvencións, é complicada a viabilidade do biocarburante. Con todo, en Brasil os custos de elaboración son mínimos en comparación co resto de produtores. Segundo datos da OCDE, obter unha tonelada de biodiésel costa na Unión Europea máis de 500 dólares (320 euros). Producila en Brasil vale menos de 300 (193 euros).

vía EL PAIS