13.1.09

Robin Hood ataca de novo



Todo o mundo coñece a historia de Robin Hood, que robaba aos ricos para distribuir a riqueza entre os pobres.

Esa parece ser a filosofía de un movemento de activistas que está a actuar en varias cidades de Francia (Paris, Rennes, Nantes y Grenoble). O reparto de riquezas consistiu nun grupo de activistas que entraron en varios supermercados de grandes cadeas de alimentación, enchendo varios carros con comida básica, como arroz, pasta, pescado, carne, etc e tamén produtos típicos do Nadal. Despois póñense na cola das diferentes caixas e cando lles toca o turno néganse a pagar.

O super queda con todas as caixas bloqueadas por un montón de carros e persoas que se negan a pagar. O resto dos clientes non poden acceder ás caixas, e ao final, os encargados dos diferentes supermercados, vendo os seus beneficios bloqueados, entre que chega a policía, e se intenta desaloxar aos activistas ou non (porque non cometeron ningún delito, pues non roubaron nada) deciden deixalos partir sen pagar nada e con toda a mercancía (en Grenoble recadaron uns 3000 euros en comida).

Os produtos son repartidos máis tarde entre parados, sen papeis, inmigrantes, etc. E os activistas xustifican a acción como unha loita fronte ao precariedade cada vez maior causada por unha crise que foi xerada, segundo eles, polos máis ricos.

A cuestión plantexa un debate: aínda que estas accións non vulneran a lei, ¿podemos considerar que son xustas ou eticamente aceptables?.