2.6.09

A globalización

Aquí temos un tema de Jorge Drexler que fala da globalización. A ver que vos parece...

Animádevos a subir algunha outra canción ou letra relacionada dalgunha forma á economía ou comentade algunha película que vos pareza interesante sobre o tema.

Por exemplo, hai vai un peliculón sobre a ética empresarial, concretamente sobre os intereses económicos das empresas farmacéuticas: El Jardinero fiel


A temática é bastante dura. Nun remoto lugar ao norte de Kenya, asesinan brutalmente unha activista que prepara unha denuncia sobre o traballo dunha multinacional farmacéutica. Un médico local que a acompañaba fuxiu e todo parece apuntar cara un crime pasional. O seu home non acepta esta versión e decide investigalo, descubrindo cómo funciona a industria farmacéutica e as complicidades do gobierno de Kenia e Gran Bretaña, o seu propio país, para probar na poboación keniana o Dypraxa, un medicamento contra a tuberculose, poñendo en risco as súas vidas.