26.6.08

¿Por que sube o petróleo?


Ademais do aumento da demanda e o control da oferta por parte dos países produtores, parece haber outro factor determinante: a especulación.
Os especuladores copan o 71% do mercado de petróleo. Os investidores especulativos multiplicaron nos últimos oito anos a súa presenza no mercado de petróleo tras pasar do 31% que rexistraban en 2000 ao 71% actual, segundo revelou a Comisión de Comercio de Materias Primas de Estados Unidos .
O mercado do petróleo converteuse dende hai tempo na única alternativa eficiente para a especulación a curto prazo, dado que nin as bolsas, nin a renda fixa, nin o mercado inmobiliario son capaces nestes momentos de ofrecer argumentos para atraer ao diñeiro.
Este fenómeno fixo que o barril de petróleo se encarecera máis dun 90% en dólares nos últimos doce meses e un 64% en euros. E parece que o cru non ten teito. De feito, os analistas de Goldman Sachas prevén que o petróleo pase en setembro a barreira psicolóxica dos 150 dólares e non descarta que chegue aos 200 ao longo do próximo inverno.
Máis cerca queda a última marca que marcou o petróleo este luns a 139,89 dólares por barril no mercado de Nova York mentres o Brent do mar do Norte, de referencia en Europa, batía tamén unha marca histórica a 139,32 dólares na mesma xornada.
Ademais, segundo afirma o experto de Analista Financeiros Internacionais David Fernández no seu blog en CincoDías, "cos tempos que corren na renda variable e a renda fixa, moitos foron os investidores que vían con anhelo as rendibilidades extraordinarias destes fondos de materias primas fronte ás conseguidas polos fondos máis tradicionais".

Via / El País

17.6.08

As tarefas do hogar suporían, de contabilizarse, un 27,4% do PIB


Unha boa parte da economía permanece invisible ás estatísticas. As tarefas do fogar, que realizan maioritariamente as mulleres, achegan ao país, segundo o INE, unha riqueza equivalente ao 27,4% do produto interior bruto (PIB), chegando este até 1,4 billóns de euros.

O INE entra así de cheo nun debate controvertido, pois algúns colectivos defenden que a importancia do traballo doméstico na economía xustifica a remuneración de quen desempeñan esas tarefas (xeralmente amas de casa).

Para elaborar esas cifras, o estudo ten en conta exclusivamente os traballos non remunerados. É dicir, non se inclúen os labores domésticos desempeñadas por empregadas de fogar, pois se supón que estas xa figuran no PIB. Os datos consideran que quen realiza os labores do fogar recibe un salario neto de 4,33 euros por hora de traballo, equivalente ao que percibe de media o persoal doméstico. Trátase, pois, dunha estimación prudente.

Os homes menos que as mulleres

Máis aló do valor económico que achega, o INE incide na distribución desigual desas tarefas entre homes e mulleres. Dos 46.375 millóns de horas anuais que se invisten no fogar, o 73% recae nas mulleres. Non hai ningunha actividade na que o home achéguese á muller en tempo investido. A máis desigual de todas é a correspondente ao vestido (lavado, pasado o ferro e confección de roupa). A actividade que require máis dedicación é a culinaria.