26.6.08

¿Por que sube o petróleo?


Ademais do aumento da demanda e o control da oferta por parte dos países produtores, parece haber outro factor determinante: a especulación.
Os especuladores copan o 71% do mercado de petróleo. Os investidores especulativos multiplicaron nos últimos oito anos a súa presenza no mercado de petróleo tras pasar do 31% que rexistraban en 2000 ao 71% actual, segundo revelou a Comisión de Comercio de Materias Primas de Estados Unidos .
O mercado do petróleo converteuse dende hai tempo na única alternativa eficiente para a especulación a curto prazo, dado que nin as bolsas, nin a renda fixa, nin o mercado inmobiliario son capaces nestes momentos de ofrecer argumentos para atraer ao diñeiro.
Este fenómeno fixo que o barril de petróleo se encarecera máis dun 90% en dólares nos últimos doce meses e un 64% en euros. E parece que o cru non ten teito. De feito, os analistas de Goldman Sachas prevén que o petróleo pase en setembro a barreira psicolóxica dos 150 dólares e non descarta que chegue aos 200 ao longo do próximo inverno.
Máis cerca queda a última marca que marcou o petróleo este luns a 139,89 dólares por barril no mercado de Nova York mentres o Brent do mar do Norte, de referencia en Europa, batía tamén unha marca histórica a 139,32 dólares na mesma xornada.
Ademais, segundo afirma o experto de Analista Financeiros Internacionais David Fernández no seu blog en CincoDías, "cos tempos que corren na renda variable e a renda fixa, moitos foron os investidores que vían con anhelo as rendibilidades extraordinarias destes fondos de materias primas fronte ás conseguidas polos fondos máis tradicionais".

Via / El País