14.11.10

Complemento Tema 4 (II): TEORÍA MOTIVACIONAL BIFACTORIAL DE HERZBERG


Hai dous tipos de factores que inflúen na motivación:

os hixiénicos: de darse non provocan satisfacción, en cambio se faltan provocan insatisfacción. Constitúen por tanto a causa principal de descontento no traballo. Por ex.:
relacións co supervisor
condicións de traballo
relacións cos colegas
salario
vida privada
seguridade (contrato indefinido)


os motivacionais: de darse si provocan satisfacción, en cambio se faltan non provocan insatisfacción. Constitúen por tanto a causa primordial de satisfacción. Por ex.:
logro
recoñecemento
o traballo en si mesmo (que sea motivante)
responsabilidades
progreso
ascenso