18.11.09

Inditex distribuirá dende Arteixo toda roupa de home da marca Zara


Deste xeito libera capacidade na plataforma de Zaragoza, que se ampliará para absorber a expansión da colección de muller.
Ata agora, a plataforma coruñesa asumía aproximadamente un 50% do tráfico total de Zara, en concreto as que se envían a todas as tendas da península Ibérica, e parte dos destinos de Asia e América. A outra metade do tráfico era absorbido polo centro loxístico de Zaragoza, que se ocupaba do resto de destinos europeos (que supón máis dun 40% do seu mercado) e daquelas prazas asiáticas e americanas que non se xestionaban desde Galicia.
As melloras técnicas introducidas nos programas informáticos de xestión da plataforma e as «melloras físicas» nas instalacións permitiron ampliar a capacidade de distribución do centro loxístico coruñés, que se quere aproveitar con esta redistribución do traballo. Sobre o transporte do volume adicional de pezas que se enviarán ás tendas desde Arteixo, a téxtil optou por manter o esquema actual: fornecer por terra os puntos de venda europeos e utilizar as vías aérea e marítima cara a Asia e América.

Lembra que en xaneiro visitaremos a planta de Inditex en Arteixo.

VIA: A VOZ DE GALICIA