1.12.10
Novas reformas económicas
Para tratar de reducir o déficit público, o goberno anunciou hoxe medidas importantes. Entre estas podemos destacar as seguintes:
O Imposto de Sociedades para as PYMES que agora é do 25% nos primeiros 120000 €, proximamente será para os primeiros 300000 €.
Crearase a sociedade estatal AENA aeroportos, que permitirá a entrada de capital privado ate un 49% na súa xestión.
Tamén o capital privado poderá controlar o 30% de Loterías y Apuestas del Estado trala súa transformación de ente público a sociedad estatal.
Grazas a estas vendas parciais, o Gobierno confía en recadar 14.000 millóns de euros. Estes fondos utilizaranse na súa totalidade para reducir débeda.
Outra medida posible é a desaparición do subsidio de 426 €, que se cobraba cando remataba a prestación por desemprego.