24.2.08

¿DE ONDE SAE A ENERXÍA QUE UTILIZAS?


central térmica de As Pontes

As centrais das Pontes e Arteixo utilizarán gas natural, subministrado pola polémica regasificadora de Mugardos, co que contaminarán un 44% menos que usando carbón. Cando ambas as instalacións se incorporen á rede, Galiza incrementará a súa capacidade xeradora de enerxía eléctrica nun 23%, ao pasar de 27.000 gigavatios hora a 33.300 ao ano.
A enerxía eléctrica producida na Galiza, sumando xa estes ciclos combinados, cubrirá o 13% da demanda anual de toda España, que no 2006 foi de 253.450 GWh.
As centrais de ciclo combinado saciaron o ano pasado o 28% das necesidades enerxéticas de España, segundo Rede Eléctrica. Convértese así na materia prima con máis peso na produción eléctrica nacional, por encima do carbón (que atendeu o 26% da demanda) e da nuclear (23%). Pero, segundo as previsións do Goberno central, dentro de catro anos, as turbinas de gas cubrirán o 33% das necesidades enerxéticas de España, máis que o carbón (15%), nuclear (17,5%) e seguido de cerca polas renovables (30,9%): hidroeléctrica, eólica, solar.
Ese é o escenario a catro anos vista deseñado polo Goberno e reflectido no Plan Nacional de Asignacións (PNA) 2008-2012, no que, como ocorreu co plan aínda en vigor, prémiase con máis dereitos de emisión ás centrais de gas, en detrimento de as de carbón. O obxectivo é fomentar o uso dunha enerxía escasamente contaminante, recortar emisións e achegarse aos obxectivos do Protocolo de Kioto.
Unha central de ciclo combinado, como a das Pontes, de 800 megavatios, emitirá á atmosfera 400 gramos de dióxido de carbono -o principal gas de efecto invernadoiro e do cambio climático no planeta- por un quilovatio hora neto xerado. Esa mesma cantidade de produción nunha central de carbón concluirá en 900 gramos de CO2 emitidos. En definitiva, un 44% menos.
Ademais, unha instalación de gas non xera dióxido de xofre, como as de carbón. Si emite, en cambio, óxidos de nitróxeno.
Adega en Galiza, critica que a planta de gas estea situada en Mugardos e non está de acordo co sistema enerxético español. Pero recoñece que o gas é o mellor dos combustibles fósiles porque con el reducirase a emisión de gases de efecto invernadoiro á atmosfera: é un mal menor.
Adega é partidaria de que as enerxías renovables atendan toda a demanda de electricidade. Tamén aposta pola aplicación de medidas dirixidas a fomentar o aforro enerxético e a incrementar a eficacia das instalacións.
¿E nós que podemos facer?. Por un lado, esixir que as políticas enerxéticas dos nosos gobernantes estén orientadas cara ás renovables, e por outro, consumir só a enerxía que necesites, tomando medidas de aforro e eficiencia enerxéticas.

10.2.08

O modelo Zara

Xa deixamos de comprar roupa dúas veces ao ano


A forma de comprar moda cambiou. Adquirimos pezas de vestir 12 veces ao ano e cada vez que entramos nunha tenda queremos ver algo novo. Se non, aburrímonos. A nosa ansiedade por estrear é tal que somos capaces de comprar un bañador o mesmo día en que cae a primeira nevada. Zara envía pezas novas ás súas tendas dúas veces á semana e os ecos do seu modelo sacoden o sistema da moda e déixanse sentir, ata, na súa cúspide. Chanel e Dior lanzan agora oito coleccións ao ano cada unha.
Pero que é o que fixo Zara exactamente? Imprimir unha velocidade de vertixe. Máis de 200 deseñadores colocan produtos novos nas súas case mil tendas de todo o mundo con esa frecuencia. E deseñan, producen e distribúen pezas novas en tres semanas. Unha flexibilidade fundamental para o éxito dunha empresa que facturou 5.352 millóns de euros en 2006.
Mango é outra compañía española que aposta forte pola rotación, facendo coleccións mensuais.
En 2005 cada español gastou unha media de 562,9 euros; en 2007, a cifra redúcese a 546,3. Aínda que nin sequera iso detén o noso apetito por estrear, o principal motivador de compra segue sendo a relación calidade-prezo. Pero se demanda cada vez máis a un establecemento que ofreza unha ampla variedade e variedade de pezas, estilos e tallas. Queremos ter a sensación de que podemos escoller e de que nos ofrecen novidades".
Hai quen compra o que necesita e cando o necesita. Outros, en cambio, xa están pensando agora no que se porán dentro duns meses. Este segundo perfil compra unhas cinco ou seis veces ao ano. Iso significa que seguramente visita as tendas moitas máis e hai que renovar para que non se aburra.
Zara cambiou a forma de entender a compra de roupa. Ata, para as marcas de luxo. Todos vense obrigados a ofrecer maior rotación. Non ten sentido esperar seis meses. Nos mercados maduros a xente ten os armarios cheos de cousas e fai falta provocar e seducir. É parte da cultura do consumo actual.
Antes, a xente entraba nestas tendas só porque eran máis baratas, pero agora vai de paseo. Efectivamente, segundo un estudo de TNS publicado en 2006, máis do 60% dos adolescentes españois, cuxo consumo de téxtil e de calzado suma máis de 2.400 millóns de euros, considera ir de compras como un "pasatempo. Máis da metade declara que lle gusta "a roupa de última tendencia" e as mozas din buscar "rotación, novidade e moda". Auténtica gasolina para aumentar as revolucións do motor do consumo.

6.2.08

¿Biocarburantes non, grazas?



Xa vimos anteriormente que unha das razóns que explica as fortes subidas dos prezos dos alimentos é o aumento producido na demanda de cereais, a consecuencia do seu uso na produción de biocombustibles.
Cabería entón preguntarse se paga a pena sufrir os efectos da inflación a cambio de colaborar a contrarrestar o cambio climático. Ou mellor aínda (é por comezar polo principio) habería que preguntarse se realmente os biocombustibles son unha boa solución aos nosos problemas de sostenibilidade.
Para empezar os países máis entusiastas do etanol e o biodiésel -os máis desenvolvidos-, non posúen terras dispoñibles para a produción agrícola das materias primas necesarias para a súa produción (millo, soia, cana de azucre, palma, remolacha, trigo, etc.). Tan só os Estados Unidos poderían dedicar terras a estes cultivos de seguir aumentando os seus prezos.
Polo que é obrigado importar cantidades masivas destes produtos dos países menos desenvolvidos, provocando efectos como deforestación, o encarecemento dos produtos alimentarios básicos e o colapso das economías dos países máis pobres.
Arrasar selva tropical para conseguir aceite de palma en Indonesia, transportalo en barco queimando combustible fósil ata España e producilo aquí só é rendible grazas ás axudas, pero o balance para o planeta pode ser negativo.
O que xa parece estar decidido é que cando un condutor encha o depósito de gasolina ou de diésel en calquera gasolineira de España levará obrigatoriamente unha porcentaxe de biocarburantes, obtido a partir de cereais. E farao a partir de 2010 queira ou non e probablemente sen sabelo, xa que non estará etiquetada.
A solución podería ser plantar nunha zona, fabricar cerca o biocarburante e distribuílo na comarca, para gastar no proceso pouca enerxía e aforrar de verdade CO2e vetar os biocombustibles que causen deforestación e pobreza.
A UE, presionada por varias ONGs, xa tomou medidas neste sentido como podedes ver nun dos documentos seguintes.
Biocombustibles que empobrecen
Biocombustibles sostibles e 3 artículos máis