6.2.08

¿Biocarburantes non, grazas?



Xa vimos anteriormente que unha das razóns que explica as fortes subidas dos prezos dos alimentos é o aumento producido na demanda de cereais, a consecuencia do seu uso na produción de biocombustibles.
Cabería entón preguntarse se paga a pena sufrir os efectos da inflación a cambio de colaborar a contrarrestar o cambio climático. Ou mellor aínda (é por comezar polo principio) habería que preguntarse se realmente os biocombustibles son unha boa solución aos nosos problemas de sostenibilidade.
Para empezar os países máis entusiastas do etanol e o biodiésel -os máis desenvolvidos-, non posúen terras dispoñibles para a produción agrícola das materias primas necesarias para a súa produción (millo, soia, cana de azucre, palma, remolacha, trigo, etc.). Tan só os Estados Unidos poderían dedicar terras a estes cultivos de seguir aumentando os seus prezos.
Polo que é obrigado importar cantidades masivas destes produtos dos países menos desenvolvidos, provocando efectos como deforestación, o encarecemento dos produtos alimentarios básicos e o colapso das economías dos países máis pobres.
Arrasar selva tropical para conseguir aceite de palma en Indonesia, transportalo en barco queimando combustible fósil ata España e producilo aquí só é rendible grazas ás axudas, pero o balance para o planeta pode ser negativo.
O que xa parece estar decidido é que cando un condutor encha o depósito de gasolina ou de diésel en calquera gasolineira de España levará obrigatoriamente unha porcentaxe de biocarburantes, obtido a partir de cereais. E farao a partir de 2010 queira ou non e probablemente sen sabelo, xa que non estará etiquetada.
A solución podería ser plantar nunha zona, fabricar cerca o biocarburante e distribuílo na comarca, para gastar no proceso pouca enerxía e aforrar de verdade CO2e vetar os biocombustibles que causen deforestación e pobreza.
A UE, presionada por varias ONGs, xa tomou medidas neste sentido como podedes ver nun dos documentos seguintes.
Biocombustibles que empobrecen
Biocombustibles sostibles e 3 artículos máis