29.6.09

Aforros solidarios. Banca ética


Son curiosas as experiencias como a de Coop57, cooperativa que destina os cartos dos cidadáns a proxectos sociais e ambientais que non atopan financiamento na banca tradicional

¿Que fan os bancos cos nosos cartos? Investilos en proxectos cun alto rendemento económico pero que, a maioría das veces, provocan un grave impacto social e ambiental. Esta é a realidade do sistema financeiro convencional, que destina o 99% dos beneficios obtidos a conseguir novas ganancias. Nos anos 80, un grupo de persoas rebeláronse contra o modelo establecido, reivindicando que deben ser os aforradores os que decidan con que criterios deben destinarse os seus cartos e cara a onde. Así naceu un novo sistema bancario baseado en principios éticos e solidarios, onde os nosos aforros serven para apoiar proxectos sociais e ambientais que non atopan financiamento na banca tradicional. Esta é a clave da chamada banca ética que acaba de desembarcar en Galicia da man de Coop57, unha cooperativa con presenza noutras catro comunidades estatais que pretende dar resposta ás necesidades do movemento asociativo galego.
Constituída formalmente o 31 de maio deste ano en Compostela por 16 socios e 35 colaboradores, Coop57 permite xestionar os cartos dos socios respectando os seus principios, de forma que non se invistan en proxectos que vaian en contra dos dereitos humanos ou dos valores ambientais. O sistema é sinxelo: Coop57 ofértalles ás súas entidades sociais unha serie de servizos de carácter financeiro, como créditos, adianto de subvencións ou achegas de liquidez, sempre baixo os principios das finanzas éticas.

Unha persoa, un voto, independentemente do capital

Todo aquel que forma parte de Coop57 réxese polos principios do cooperativismo: unha persoa, un voto, independentemente do capital que se poña. Este sistema democrático e solidario é o que se encarga de permitir a entrada dunha determinada entidade na cooperativa e a aprobación da concensión de servizos financeiros.
Tras solicitar a entrada na cooperativa, existe unha Comisión Social que avalía unha serie de requisitos sociais e ambientais. Se conta co visto e prace dos representantes, a solicitude pasa ó Consello, que é o órgano de xestión. Se os dous órganos referendan a inclusión, a entidade pasa a ser socia. Nese mesmo momento, a entidade pode solicitar servizos financeiros. Aí é cando entra en xogo unha Comisión Técnica que avalía a viabilidade económico-financeira da entidade e do proxecto que o solicita. Tanto as comisións como o Consello están formadas por representantes das entidades socias e dos socios colaboradores, sen solaparse, co obxectivo de buscar a imparcialidade e a obxectividade á hora de avaliar o proxecto. Por iso, ás veces pode recorrerse ó asesoramento externo e independente.

AS COTAS
Mínimo de 300€ por particular
Calquera particular que decida participar en Coop57 deberá destinar un mínimo de 300€, que poderá recuperar no momento que queira e sen penalización. Recibirá un xuro anual, acordado polos socios.
Mil euros para as entidades
As entidades que queiran ser socias deben pertencer ó sector da economía social e compartir os seus principios: O capital social e a cota de entrada suman 1.000 euros, que se pagarán en tres meses.

40.000 euros de capital social
Coop57-Galicia ten recadado en tres semanas de funcionamento un total de 40.000 euros en capital social procedente das entidades e persoas socias. A nivel estatal, Coop57 asocia nas cinco comunidades autónomas nas que actúa (Cataluña, Aragón, Madrid, Andalucía e Galicia) a un total de 250 organizacións da economía social e solidaria. Soamente en Cataluña, onde naceu no ano 95, este proxecto realizou operacións financeiras por un total de nove millóns de euros dende 2005.

Outro proxecto de banca ética en España do que podedes buscar información é o Proxecto Fiare.

A nivel mundial o máis coñecido e o Triodos Bank.

15.6.09

A sostenibilidade

Para rematar o curso veremos o documental recén estreado Home, onde poderemos observar como a actividade económica no último século, e especialmente nas últimas décadas, está a provocar cambios no clima que nun curto período (os expertos falan de 10 anos) serán irreversibles.
Podes ver o trailer (escolle subtítulos en español, alta calidade e pantalla completa: as imaxes non teñen desperdicio!!!)
En Youtube está dispoñible o documental enteiro en español, que é o que visionaremos en clase.

9.6.09

ACTIVIDADE PUNTO MORTO


Fai o EXERCICIO DO PUNTO MORTO transformando a folla de Excel que tes a continuación
PLANTILLA EN EXCEL

2.6.09

O coltan, novo ouro azul


Moitas veces, cando pensamos nas inxustizas que ocorren no mundo e intentamos darles unha resposta ou buscarles a lóxica de que porque as grandes potencias do mundo as consinten, non podemos atopar unha contestación.
O coltan non é un mineral propiamente dito, senón unha abreviatura dos minerais columbita, o niobio e a tantalita. O coltan é de cor gris metálico escuro e del depende practicamente toda a era dixital na que vivimos. Son escasos na natureza e, como xa dixen, pasaron de ser curiosidades mineralóxicas a cruciais para o avance tecnolóxico, debido ás súas novas aplicacións.

Coma antes o foi o ouro ou os diamantes, é a necesidade da riqueza do primeiro mundo e a falta de escrúpulos para conseguila a cambio da vida duns pobres desgraciados que nin sabemos que existen e que ademais os medios de comunicación non teñen moita presa por dar a coñecer.

O principal productor de coltan é a República Democrática do Congo con cerca do 80% das reservas mundiais. Segundos informes de axencias internacionais e de alguna prensa, a exportación deste material axudou a financiar a varios bandos da Segunda Guerra del Congo, un conflicto que ata agora ten un balance duns 5 millón de mortos; tres millóns e medio de congoleños nas minas. Ruanda e Uganda están actualmente exportando coltan roubado do Congo a occidente (principalmente a EEUU), onde utilízase case exclusivamente na fabricación de condensadores electrolíticos de tantalio. Estos son utilizados en case a totalidade de dispositivos electrónicos: teléfonos móbiles, GPS, satélites artificiales, armas teledirixidas, televisores de plasma, videoconsolas, ordenadores portátiles, PDAs, MP3, MP4...

Un traballador congoleño normal gaña aredor de 10$ ó mes, un que traballa nas minas de coltan entre 10 e 40 semanais .O kilo de coltan cotizase no mercado a 400$. O método de extracción é arcaico, é moi parecido ao método co que extraían ouro antigamente en EEUU. Traballan en condicións de semiesclavitud. Ademáis de coltan aparecen outros minerais radiactivos con similares características. Elementos como o uranio, torio e radio entre outros. Debido á exposición dos traballadores ante estos minerais, houbo unha grande cantidade de enfermos por radiación.
A nivel económico, hai multinacionais que, como grandes compradoras de este mineral, non están interesadas en que os conflictos sociais derivados da extracción do mineral salgan publicados nos medios de comunicación. Estos últimos, á súa vez, vense condicionados polo temor a perder os importantes ingresos publicitarios.


Fuentes: wikipedia y artículos

"coltan, sangre y armas en el Congo" El pais
"Las minas de coltán en el congo, relato de un saqueo"
El mundo. es
" Coltan, un mineral estratégico" El pais

Andrea Sixto

A globalización

Aquí temos un tema de Jorge Drexler que fala da globalización. A ver que vos parece...

Animádevos a subir algunha outra canción ou letra relacionada dalgunha forma á economía ou comentade algunha película que vos pareza interesante sobre o tema.

Por exemplo, hai vai un peliculón sobre a ética empresarial, concretamente sobre os intereses económicos das empresas farmacéuticas: El Jardinero fiel


A temática é bastante dura. Nun remoto lugar ao norte de Kenya, asesinan brutalmente unha activista que prepara unha denuncia sobre o traballo dunha multinacional farmacéutica. Un médico local que a acompañaba fuxiu e todo parece apuntar cara un crime pasional. O seu home non acepta esta versión e decide investigalo, descubrindo cómo funciona a industria farmacéutica e as complicidades do gobierno de Kenia e Gran Bretaña, o seu propio país, para probar na poboación keniana o Dypraxa, un medicamento contra a tuberculose, poñendo en risco as súas vidas.

1.6.09

As novas familias "low cost" e o mundo que nos espera


Onte saiu na prensa (El País) un artículo moi interesante sobre a evolución da economía nos últimos anos e as repercusións sobre o nivel de vida das familias.

Algúns datos e afirmacións que podes ver no texto son os seguintes:

En España pode haber uns 12 millóns de "mileuristas", que substituirán á chamada "clase media" a curto prazo.

O incremento do salario real (o comparado co incremento dos prezos) entre 2001 e 2007 foi cero, como en Xapón ou EEUU.

"el sueldo medio en España en 2006 (última vez que se contabilizó) era de 19.680 euros al año. Cuatro años antes, en 2002, era de 19.802 euros. Es decir, que en el periodo de mayor bonanza de la economía española, los sueldos no sólo no crecieron, sino que cayeron, más aún si se tiene en cuenta la inflación.
Si nos remontamos a 1995, la primera vez que se llevó a cabo la encuesta, la comparación es aún más desoladora. El salario medio en 1995 era de 16.762 euros, por lo que para adecuarse a la subida de precios experimentada en la última década, ahora tendría que situarse en torno a los 24.000 euros. Se trata del sueldo medio, que incluye el de los que más ganan. Por eso convendría tener en cuenta otro dato más esclarecedor: la mitad de los españoles gana menos de 15.760 euros al año, es decir, son mileuristas.
Algunos dan definitivamente por muerta la clase media. Es el caso del periodista Massimo Gaggi y del economista Eduardo Narduzzi, que en su libro "El fin de la clase media y el nacimiento de la sociedad de bajo coste"(Lengua de Trapo) vaticinaban la aparición de un nuevo sistema social polarizado, con una clase tecnócrata reducida y crecientemente más rica en un extremo, y en el otro un "magma social" desclasado en que se confunden las antiguas clases media y baja, definidas por una capacidad de consumo muy limitado, a imagen y semejanza de los productos y servicios que les ofrecen las compañías "low cost" bajo coste) como Ikea, Ryanair, Mc Donald's, Zara o Skype."

No texto podes ver tamén que acontece noutros países como Alemaña, Francia, EEUU, China ou India. Así, reflexiona sobre a competitividade da nova industria chinesa (con máis I+D+I) ou da forza de traballo na India (con profesionais do mundo informático con soldos escandalosamente máis baixos cos occidentais.

ARTÍCULO DO PAÍS