Son curiosas as experiencias como a de Coop57, cooperativa que destina os cartos dos cidadáns a proxectos sociais e ambientais que non atopan financiamento na banca tradicional
¿Que fan os bancos cos nosos cartos? Investilos en proxectos cun alto rendemento económico pero que, a maioría das veces, provocan un grave impacto social e ambiental. Esta é a realidade do sistema financeiro convencional, que destina o 99% dos beneficios obtidos a conseguir novas ganancias. Nos anos 80, un grupo de persoas rebeláronse contra o modelo establecido, reivindicando que deben ser os aforradores os que decidan con que criterios deben destinarse os seus cartos e cara a onde. Así naceu un novo sistema bancario baseado en principios éticos e solidarios, onde os nosos aforros serven para apoiar proxectos sociais e ambientais que non atopan financiamento na banca tradicional. Esta é a clave da chamada banca ética que acaba de desembarcar en Galicia da man de Coop57, unha cooperativa con presenza noutras catro comunidades estatais que pretende dar resposta ás necesidades do movemento asociativo galego.
Constituída formalmente o 31 de maio deste ano en Compostela por 16 socios e 35 colaboradores, Coop57 permite xestionar os cartos dos socios respectando os seus principios, de forma que non se invistan en proxectos que vaian en contra dos dereitos humanos ou dos valores ambientais. O sistema é sinxelo: Coop57 ofértalles ás súas entidades sociais unha serie de servizos de carácter financeiro, como créditos, adianto de subvencións ou achegas de liquidez, sempre baixo os principios das finanzas éticas.
Unha persoa, un voto, independentemente do capital

Todo aquel que forma parte de Coop57 réxese polos principios do cooperativismo: unha persoa, un voto, independentemente do capital que se poña. Este sistema democrático e solidario é o que se encarga de permitir a entrada dunha determinada entidade na cooperativa e a aprobación da concensión de servizos financeiros.
Tras solicitar a entrada na cooperativa, existe unha Comisión Social que avalía unha serie de requisitos sociais e ambientais. Se conta co visto e prace dos representantes, a solicitude pasa ó Consello, que é o órgano de xestión. Se os dous órganos referendan a inclusión, a entidade pasa a ser socia. Nese mesmo momento, a entidade pode solicitar servizos financeiros. Aí é cando entra en xogo unha Comisión Técnica que avalía a viabilidade económico-financeira da entidade e do proxecto que o solicita. Tanto as comisións como o Consello están formadas por representantes das entidades socias e dos socios colaboradores, sen solaparse, co obxectivo de buscar a imparcialidade e a obxectividade á hora de avaliar o proxecto. Por iso, ás veces pode recorrerse ó asesoramento externo e independente.

AS COTAS
Mínimo de 300€ por particular
Calquera particular que decida participar en Coop57 deberá destinar un mínimo de 300€, que poderá recuperar no momento que queira e sen penalización. Recibirá un xuro anual, acordado polos socios.
Mil euros para as entidades
As entidades que queiran ser socias deben pertencer ó sector da economía social e compartir os seus principios: O capital social e a cota de entrada suman 1.000 euros, que se pagarán en tres meses.

40.000 euros de capital social
Coop57-Galicia ten recadado en tres semanas de funcionamento un total de 40.000 euros en capital social procedente das entidades e persoas socias. A nivel estatal, Coop57 asocia nas cinco comunidades autónomas nas que actúa (Cataluña, Aragón, Madrid, Andalucía e Galicia) a un total de 250 organizacións da economía social e solidaria. Soamente en Cataluña, onde naceu no ano 95, este proxecto realizou operacións financeiras por un total de nove millóns de euros dende 2005.

Outro proxecto de banca ética en España do que podedes buscar información é o Proxecto Fiare.
A nivel mundial o máis coñecido e o Triodos Bank.