2.6.09

O coltan, novo ouro azul


Moitas veces, cando pensamos nas inxustizas que ocorren no mundo e intentamos darles unha resposta ou buscarles a lóxica de que porque as grandes potencias do mundo as consinten, non podemos atopar unha contestación.
O coltan non é un mineral propiamente dito, senón unha abreviatura dos minerais columbita, o niobio e a tantalita. O coltan é de cor gris metálico escuro e del depende practicamente toda a era dixital na que vivimos. Son escasos na natureza e, como xa dixen, pasaron de ser curiosidades mineralóxicas a cruciais para o avance tecnolóxico, debido ás súas novas aplicacións.

Coma antes o foi o ouro ou os diamantes, é a necesidade da riqueza do primeiro mundo e a falta de escrúpulos para conseguila a cambio da vida duns pobres desgraciados que nin sabemos que existen e que ademais os medios de comunicación non teñen moita presa por dar a coñecer.

O principal productor de coltan é a República Democrática do Congo con cerca do 80% das reservas mundiais. Segundos informes de axencias internacionais e de alguna prensa, a exportación deste material axudou a financiar a varios bandos da Segunda Guerra del Congo, un conflicto que ata agora ten un balance duns 5 millón de mortos; tres millóns e medio de congoleños nas minas. Ruanda e Uganda están actualmente exportando coltan roubado do Congo a occidente (principalmente a EEUU), onde utilízase case exclusivamente na fabricación de condensadores electrolíticos de tantalio. Estos son utilizados en case a totalidade de dispositivos electrónicos: teléfonos móbiles, GPS, satélites artificiales, armas teledirixidas, televisores de plasma, videoconsolas, ordenadores portátiles, PDAs, MP3, MP4...

Un traballador congoleño normal gaña aredor de 10$ ó mes, un que traballa nas minas de coltan entre 10 e 40 semanais .O kilo de coltan cotizase no mercado a 400$. O método de extracción é arcaico, é moi parecido ao método co que extraían ouro antigamente en EEUU. Traballan en condicións de semiesclavitud. Ademáis de coltan aparecen outros minerais radiactivos con similares características. Elementos como o uranio, torio e radio entre outros. Debido á exposición dos traballadores ante estos minerais, houbo unha grande cantidade de enfermos por radiación.
A nivel económico, hai multinacionais que, como grandes compradoras de este mineral, non están interesadas en que os conflictos sociais derivados da extracción do mineral salgan publicados nos medios de comunicación. Estos últimos, á súa vez, vense condicionados polo temor a perder os importantes ingresos publicitarios.


Fuentes: wikipedia y artículos

"coltan, sangre y armas en el Congo" El pais
"Las minas de coltán en el congo, relato de un saqueo"
El mundo. es
" Coltan, un mineral estratégico" El pais

Andrea Sixto