1.12.10
Novas reformas económicas
Para tratar de reducir o déficit público, o goberno anunciou hoxe medidas importantes. Entre estas podemos destacar as seguintes:
O Imposto de Sociedades para as PYMES que agora é do 25% nos primeiros 120000 €, proximamente será para os primeiros 300000 €.
Crearase a sociedade estatal AENA aeroportos, que permitirá a entrada de capital privado ate un 49% na súa xestión.
Tamén o capital privado poderá controlar o 30% de Loterías y Apuestas del Estado trala súa transformación de ente público a sociedad estatal.
Grazas a estas vendas parciais, o Gobierno confía en recadar 14.000 millóns de euros. Estes fondos utilizaranse na súa totalidade para reducir débeda.
Outra medida posible é a desaparición do subsidio de 426 €, que se cobraba cando remataba a prestación por desemprego.
14.11.10
Complemento Tema 4 (I): a planificación estratéxica
PLANIFICACIÓN ESTRATÉXICA.
Nace do campo militar e posteriormente aplícase a organizacións e empresas.
Implica determinar posicións futuras que a empresa debe acadar, identificando os obxectivos a longo prazo da empresa.
É un proceso dinámico que permite modificar un plan sobre a marcha para atender a circunstancias cambiantes.
(Está relacionada con contidos que se verán no tema 8: análise do entorno, as 5 forzas competitivas de Porter e a análise DAFO)
Complemento Tema 4 (II): TEORÍA MOTIVACIONAL BIFACTORIAL DE HERZBERG
Hai dous tipos de factores que inflúen na motivación:
os hixiénicos: de darse non provocan satisfacción, en cambio se faltan provocan insatisfacción. Constitúen por tanto a causa principal de descontento no traballo. Por ex.:
relacións co supervisor
condicións de traballo
relacións cos colegas
salario
vida privada
seguridade (contrato indefinido)
os motivacionais: de darse si provocan satisfacción, en cambio se faltan non provocan insatisfacción. Constitúen por tanto a causa primordial de satisfacción. Por ex.:
logro
recoñecemento
o traballo en si mesmo (que sea motivante)
responsabilidades
progreso
ascenso
2.11.10
Complemento tema 3
Tipos de empresas segundo o tipo de mercado:
Pero se nos referimos ao mercado e ao número de oferentes, cabería falar de:
Se nos referimos ao mercado xeográfico, cabería falar de empresa nacionais (de ámbito local, rexional ou estatal) e empresas multinacionais (que operan en varios países).
Pero se nos referimos ao mercado e ao número de oferentes, cabería falar de:
- Empresas monopolistas (por ex.: RENFE, Microsoft, Arriba en determinadas liñas de transporte por estrada).
- Empresas duopolistas (por ex.: na liña Coruña - Madrid no aeroporto da Coruña: Iberia e Spanair).
- Empresas oligopolistas (por ex.: gasolinas, telefonía móbil, electricidade).
- Empresas en competencia perfecta, moitas empresas con un produto homoxéneo (algúns produtos agrícolas).
- Empresas en competencia monopolística , moitas empresa con produtos diferenciados (a maioría dos produtos: deterxentes, bebidas, coches, cámaras, etc)
21.10.10
28.9.10
Actividade voluntaria: A Responsabilidade Social Corporativa
DOCUMENTAL: NO A LA VENTA (elaborado pola UNED)
Debes contestar ao maior número posible de cuestións das que figuran neste ENLACE, relacionadas co documental "NO A LA VENTA", e presentalas antes do 15 de outubro.
19.9.10
10.2.10
Análise da crise en España (por Paul Krugman)
Hoxe Paul Krugman fixo unha análise moi simplificada das causas da crise española e a súa relación coa falta de independencia dos países do euro para tomar medidas de política monetaria (revaluar ou devaluar a moeda).
VER A NOTICIA EN EL PAÍS
VER A NOTICIA EN EL PAÍS
Suscribirse a:
Entradas (Atom)