12.5.14

Carreiras universitarias con máis oferta de traballo


Un 61% das ofertas de emprego cualificado requiren titulación universitaria.



  1. ADE é a carreira máis demandada co 4,2 % do total (pero ten en conta que tamén hai moita xente matriculada neste grao). Con todo trátase duns estudos moi polivalentes, que serven para moitos postos profesionais.
  2. Enxeñería Industrial,3,3%
  3. Enxeñería Informática 3%
  4. Enxeñería Técnica Industrial 2,9%

A continuación: Ciencias Empresariais, Economía ou Dereito (2,5%, 2,3% e 2,2% das ofertas cualificadas, respectivamente)

As carreiras da área xurídico-social teñen incrementado a súa porcentaxe de ofertas, pasando dun 31% en 2011 a un 36,7% en 2012, mentres que as titulacións técnicas experimentan unha recesión de máis de tres puntos e volven á tendencia dos últimos años. Así, nun ano pasaron do 46,7% ao 43,3% da oferta.

As enxeñerías vinculadas ao ámbito das TIC, manteñen o seu ascenso dende hai sete anos, periodo no que pasaron de aglutinar o 4,75% das ofertas de emprego ao 13,4%.

O coñecemento de outras linguas é fundamental: o 32,23% das ofertas para licenciados e o 29,09% das que se dirixen a diplomados, esixen o dominio de cando menos un idioma.

De tódolos xeitos se a porcentaxe de ofertas é superior ao de estudantes, as posibilidades de colocación poden considerarse altas ou moi altas, ainda que no ránking non ocupe os primeiros postos. Por este motivo sería interesante cotexar estes dous datos.

Pincha aquí para ver o documento completo.

E se queres ver as profesións con máis demanda pincha neste outro enlace
http://www.adecco.es/_data/NotasPrensa/pdf/549.pdf

Anexo: Últimos datos publicados