Un 21,2% da oferta de traballo en España vai dirixida expresamente a titulados en FP.
Hai unha concentración das ofertas en favor das familias profesionais de Fabricación Mecánica, Electricidade e Electrónica, e Administración. Estas tres primeiras áreas de formación concentran o 58% da oferta dirixida a FP.
Na parte baixa da táboa atópanse as familias de Deseño Gráfico, Madeira e Moble, e Téxtiles
Artísticos, que xuntas non suman nin o 1% das ofertas que buscan titulados en Formación
Profesional.
Por postos de traballo o máis demandado é o de Técnico de Mantemento,
solicitado por un 18,8% das ofertas de FP, sobresae por riba dos demáis e garante
maiores posibilidades de inserción laboral. Séguelle, a gran distancia, o posto de Operario Especializado,
con un 11,2% das ofertas, o de Administrativo, con un 8,8% e o de Comercial, que é demandado en un 7,1% das ofertas que esixen Formación Profesional.
ver documento completo