17.10.14

Complemento tema 3: Tipos de impostos


Hai varias formas de clasificar os impostos, pero as máis utilizadas son diferencialos en:

- Directos. Recaen sobre as rendas dos contribuíntes ou a posesión dun ben. Ex: IRPF, I. Sociedades, IAE, I Sucesións e Donacións, IBI, IVTM.
- Indirectos. Recaen sobre o consumo e actos de transmisión de bens (páganse cando se adquire un ben ou un servizo). Ex: IVE, I Transmisións Patrimoniais, Impostos Especiais (sobre o alcohol, hidrocarburos, tabaco electricidade)

Outra clasificación:
- Persoais. recaen sobre a persoa (a súa capacidade global de pago). Ex: IRPF, I Sociedades
- Reais. Recaen sobre a cousa (un feito que demostra a súa capacidade de pago). Ex: IVE, ITP, IBI, IVTM, I Especiais.

Por último diferenciamos entre:
- Proporcionais. Teñen o mesmo tipo impositivo (%), polo que a cota a pagar é proporcional á base impoñible (por exemplo: I Sociedades).
- Progresivos. O tipo impositivo aumenta progresivamente ao aumentar a base impoñible (por exemplo: IRPF).
- Regresivos. O tipo impositivo aumenta ao diminuir a base impoñible.

Para saber máis sobre os impostos pincha no ENLACE