Citroën recoñece ter un stock de 700.000 coches, polo que necesita sacrificar produción nas súas seis maiores plantas de Europa (a de Vigo entre elas), que apenas traballarán en decembro.
O actual volume de existencias, ademais de baixar os ingresos en caixa, dispara os custos fixos aos que debe facer fronte o fabricante.
O actual volume de existencias, ademais de baixar os ingresos en caixa, dispara os custos fixos aos que debe facer fronte o fabricante.
A man de obra representa só o 10% do custo de produción de un vehículo, fronte ao 60% das materias primas e o 30% restante, que supoñen enerxía, transporte e loxística.... Ás veces é máis rendible poñer fin á produción, aínda que durante ese tempo os empregados reciban o 100% do salario.
Outros traballadores non foron tan afortunados e víronse despedidos (en Vigo foron eliminados 1230 contratos).
Outros traballadores non foron tan afortunados e víronse despedidos (en Vigo foron eliminados 1230 contratos).
As cifras xerais do sector indican que, en 2008, regresou a niveis de 1998 tras diminuir as vendas un 28% no ano e un 50% en decembro. E a previsión para o 2009 é dun 10% menor, segundo a Asociación de fabricantes.