Cometerías o mesmo erro que os que investiron miles de millóns de euros de diñeiro no negocio da venda por catálogo en vésperas do nacemento de eBay, ou os que tiraron miles de millóns de euros no negocio da música en discos compactos en vésperas do nacemento do iPod e de iTunes (ver o post relacionado), ou os que investiron para mellorar as máquinas de escribir en vésperas do nacemento do ordenador persoal e Internet.
O mesmo erro que está a cometer George W. Bush, que anunciou un plan de 17.400 millóns de dólares para General Motors (a casa matriz da Opel) e Chrysler, as dúas empresas de automóbiles en peor situación financeira que buscan desesperadamente una axuda de miles de dólares para evitar o peche. Nun momento no que o negocio parece ser outro
¿A que negocio nos referimos? Ao negocio de coches eléctricos de Shai Agassi, chamado Better Place. Xustamente a semana pasada, a empresa, con sede en California, anunciou unha alianza co estado de Hawai para probar en estrada o seu plan empresarial tras ter firmado xa acordos similares con Israel, Australia, San Francisco e Dinamarca.
O sistema de recarga do coche eléctrico de Better Place consiste en xerar electróns a partir de unha fonte de enerxía tan renovable como sexa posible (como a eólica e a solar) e, posteriormente, introducir eses electróns limpos nunha infraestrutura nacional para a recarga de coches eléctricos. Ésta está constituída por puntos de carga de electricidade con saídas en forma de enchufe, ademais de estacións para a substitución de baterías repartidas polo país en cuestión. Despois, todo o sistema se coordina dende un centro de control, que integra e elabora as facturas.
Co modelo de Better Place, os consumidores poden comprar o alugar un coche eléctrico do fabricante francés Renault ou de empresas xaponesas como Nissan (General Motors desprezou a Agassi) e logo comprarlle a Better Place quilómetros para as súas baterías eléctricas, do mesmo modo en que agora se compra un móbil a Nokia e os minutos a Movistar. Dese xeito, Better Place, ou calquera empresa de automóbiles que se asocie con ela, benefíciase de cada quilómetro que se recorre. General Motors vende coches. Better Place vende quilómetros de mobilidade.
Está previsto que os primeiros coches eléctricos de Renault e Nissan circulen por Dinamarca e Israel en 2011, cando todo o sistema debería estar listo e en funcionamento. Este mes, o ministro de Medio Ambiente de Xapón invitou a Better Place a unirse ao primeiro proxecto para coches eléctricos dirixido polo Goberno xunto a Honda, Mitsubishi e Subaru.
Better Place está construíndo unha empresa de automóbiles do século XXI, exactamente o mesmo que fixo Appel para revolucionar o negocio da música. ¿Que foi o que Apple descubriu? Para comezar, que a plataforma tecnolóxica actual permitiría que calquera que tivese un ordenador puidese gravar música. Segundo, que Internet e os reprodutores de MP3 permitirían que calquera puidese transferir música en formato dixital a outra persoa. Os CDs e as compañías discográficas xa non serían necesarios. Apple non hizo máis que tomar todas esas innovacións e reunilas nun sistema único de creación, compra e reprodución de música que alterou completamente o negocio da música.
O que di Better Place, é que hai unha nova forma de xerar mobilidade empregando a mesma plataforma. O único que fai falla é a clase apropiada de batería de coche -o iPod nesta historia- e a clase apropiada de rede nacional de recarga -a tenda de iTunes- para facer que o modelo empresarial funcione para os coches eléctricos a tres céntimos o quilómetro. O español medio está pagando hoxe en día uns seis/sete céntimos por quilómetro recorrido usando gasolina, o que tamén contribúe ao quecemento global e consolida o poder das petroleiras.