12.1.09

Expliquemos a crise á española


Hai uns meses fixemos un traballo sobre un vídeo inglés no que, en clave de humor, explicábase a orixe da crise que estamos a vivir.
Agora podemos estudiar un texto elaborado o ano pasado por un profesor universitario xubilado (o Sr. Leopoldo Abadía) que explica dun xeito comprensible por todos as orixes e repercusións da crise.

Como o artículo data de abril do ano pasado, debemos ter en conta que algúns datos que se dan quedaron desfasados:

  • España, igual que a maioría de países europeos, non crece e podemos dicir que estamos tecnicamente en recesión (dous trimestres seguidos con cifras negativas de crecemento). Os datos do paro así parecen indicalo.

  • En canto aos prezos, desapareceron al altas taxas de inflación (que chegaron hai meses ao 5,6%) que agora é dun 1,5% (na Unión Europea un 1,6%).

  • Isto permitiu que o Banco Central Europeo baixara os tipos de xuro até o 2,5% (con posibilidades de que baixe esta semana até o 2% ou incluso ao 1,75%)

  • Euribor baixou moito nos últimos meses (hoxe está no 2,83%)

Podemos ver tamén o blog de Leopoldo Abadía, no que se explica a estafa piramidal de Madoff con un exemplo práctico e un vídeo da súa intervención no programa de Buenafuente.