8.1.09

O automóbil (IV e último): o futuro inmediato


Para moitos especialistas, o futuro inmediato é a hibridación: unha batería de ión de litio que serve para a cidade, e outro motor de gasolina.
Iberdrola ten un proxecto baseado en coches como o Chevrolet Volt, con lanzamento previsto para 2011. Son vehículos de batería de ión de litio -como os teléfonos móbiles- con unha autonomía de 60 quilómetros. Iso bastaría para o uso diario do 75% dos europeos. En caso necesario, un pequeno motor de gasolina estende a autonomía a 1.000 quilómetros, con unhas emisións moderadas (40 gramos de dióxido de carbono por quilómetro).
Segundo Iberdrola, a idea é cargar as baterías pola noite. Primeiro, para non coincidir coas horas de maior consumo para outros fins. E segundo, para aproveitar a enerxía excedente que producen pola noite os aeroxeradores (muíños de vento) que, como non pode ser utilizada, chega a ser un problema. Iberdrola estudará como instalar os enchufes nos garaxes ou aparcadoiros onde repostará o usuario, e como facerlle pagar o seu consumo (probablemente poñendo contadores).
Os coches de batería de litio non emitirán ningún gas mentres se manteren dentro do radio dos 60 quilómetros. Pero a súa sustentabilidade dependerá de que a electricidade se teña xerado con fontes fósiles ou renovables.
Unha empresa china lanzou xa o coche híbrido máis barato do mundo, e recargable na rede eléctrica de casa. Ten un prezo de 15.850 euros e chámase F3 DM de BYD, unha compañía china que pretende converterse en líder mundial na materia.
Debido ao alto prezo para o mercado chino -o dobre que un coche similar de gasolina- podería botar para atrás aos potenciais clientes chinos, pero o obxectivo é comezar a exportalo a Europa e Estados Unidos en 2011. O mesmo ano en que Toyota pensa comercializar o substituto do Prius.

Fontes:
http://www.elpais.com/articulo/semana/Mientras/Detroit/dormia/elpepueconeg/20081214elpneglse_5/Tes http://labrigada.260mb.com/2008/el-futuro-del-coche-electrico/
http://www.betterplace.com/


Os coches híbridos estrelas do Salón do Automóbil de Detroit