19.5.08
Impostos indirectos e distribución da renda
Segundo un estudo do Instituto de Investigación Económica Aplicada (Ipea), en Brasil o gran peso dos impostos indirectos fai que aumenten as desigualdades, facendo que un 10% da poboación concentre o 75,5% da riqueza do país, unhas cifras que varían pouco das rexistradas a finais do século XVIII.
Outro dos aspectos revelados polo estudo é que os impostos pesan moito máis sobre os pobres que sobre os ricos. A carga tributaria representa un 22,7% de renda para o 10% dos máis ricos, mentres que, para o 10% máis pobre, o peso equivale ao 32,8% da súa renda.
A explicación desa anomalía é que a base da recadación en Brasil é máis forte nos chamados impostos indirectos, que gravan os bens de consumo. Como o cidadán máis pobre gasta a maior parte da súa renda en consumo, acaba pagando máis impostos que os ricos. Segundo os poucos datos que se conservan de finais do século XVIII, a distribución da renda en Río de Janeiro, por exemplo, era practicamente mesma que agora, é dicir, o 10% da poboación posuía o 68% da riqueza. Hoxe, ese mesma porcentaxe posúe o 62,9%.
O presidente de Ipea pediu ao Goberno a creación dun imposto para as maiores fortunas e para as herdanzas, así como unha reforma tributaria seria.