16.5.08

Menos caridade e máis solidariedade


A ONG Christian Aid arremete contra os famosos que denuncian a pobreza pero evitan o pagamento de impostos.
Se os famosos comprometidos co progreso do Terceiro Mundo pagasen os mesmos impostos que os cidadáns do montón, os países en desenvolvemento poderían contribuír con moita máis xenerosidade a resolver eses problemas e podería salvarse, potencialmente, a vida de 5,6 millóns de nenos en 15 anos.

A organización sinala co dedo a tres famosos, os cantantes Bono e Phil Collins e o piloto de Fórmula 1 Lewis Hamilton. Collins e Hamilton pagan os seus impostos en Suíza, e Bono, incansable propagandista da loita contra a pobreza en África, declara os ingresos que recibe por dereitos de autor a partir dunha estrutura fiscal en Holanda. Se pagasen máis impostos, axudarían mellor a combater a pobreza que con concertos de caridade. O informe ten como obxectivo concienciar aos máis afortunados sobre a importancia de pagar impostos e defende a tese de que, aínda que non son considerados delincuentes porque non fan nada ilegal, teñen unha responsabilidade moral porque recorren á enxeñería financeira para evitar o pago de impostos.


Christian Aid, ataca tamén ás grandes asesorías fiscais e en particular aos catro grandes do sector, KPMG, PriceWaterhouseCoopers, Deloitte e Ernst & Young, que axudan ás multinacionais a aforrarse cada ano miles de millóns de dólares.
As compañías evitan legalmente o pago de impostos pero a miúdo tamén cometen delitos de evasión fiscal mediante contabilidades cruzadas entre filiais do mesmo conglomerado ou falsificando os prezos. Dous sistemas que, segundo o informe, cústanlle cada ano ao fisco de Estados Unidos 160.000 millóns de dólares (máis de 100.000 millóns de euros). Unha cantidade equivalente a 1,5 veces o diñeiro que todos os países ricos dedican a axudar aos países máis pobres.
VIA EL PAÍS

Pero tampouco é cuestión de darle caña só a Hamilton e esquecernos de que Fernando Alonso, igual que antes fixera Schumacher, ten tamén a súa residencia en Suiza polo seu apetecible réxime fiscal
En Suíza, todo deportista e artista residente, que xere a maior parte da súa riqueza fóra de territorio suízo, ten dereito a ser gravado sobre os seus gastos (e non sobre os seus ingresos anuais como sucedería normalmente), sempre que estes superen os 300.000 francos suízos anuais. Un beneficio que tamén gozan celebridades como o francés Alain Prost, o canadense Jacques Villeneuve ou o escocés David Coulthard dentro do ámbito deportivo.


Tecnicamente, o imposto calcúlase do seguinte xeito: o beneficiario informa á oficina de recadación do seu cantón o monto do aluguer ou gastos de hospedaxe que paga cada mes. O fisco asume por regra que é equivalente a 20% dos seus gastos mensuais, que posteriormente se multiplican polos 12 meses do ano. E a esa cantidade aplícaselle unha taxa do 30%.


Cun exemplo específico. Para alguén que paga un aluguer mensual de 3.000 francos suízos correspondería un ingreso anual -segundo as regras de tributación- de 180.000 francos, e un pago de impostos de 54.000 francos anuais, unha carga fiscal que pode ser moi afastada ao que ese mesmo contribuínte pagaría polos seus ingresos ou fortuna noutros países.
VÍA SWISSINFO