21.10.08

Ricos e Pobres


A Crise económica obriga á xuventude a voltar a casa dos seus pais


Según o estudo do consello da Xuventude de Madrid, o 20% dos menores de 35 anos,emancipados nos derradeiros dous anos, deberán voltar ao fogar paterno.


“ Os xoves que non poden facer fronte aos gastos dun piso vense obrigados a voltar á casa dos seus pais”. Son palabras de Jaime Chapatte, presidente do consello da xuventude de Madrid(CJCM). A través dun estudo da organización que preside, a temporalidade(35%), en paro(13,2%) e os soldos baixos(a media,18.000 € brutos ao ano), son os problemas que,agora coa crise, están empurrando aos menores de 35 anos recentemente emancipados a voltar ao fogar paterno.

Os efectos da crise, dende abril
A volta a casa destes xoves ao fogar paterno comezou a facerse patente no segundo trimestre do ano, a través do Sindicato de Estudiantes. Tamén CC OO alertou deste problema, que achaca a que "cando se aveciña a crise, os primeiros en caer son os contratos temporais, e os xoves son quen máis sofren estas contratacións".

Máis de tres meses para atopar traballo
Por outra parte, o estudo destaca que un 41,2 por cento das persoas que buscan emprego inverten más de tres meses en obtelo, mentres que el 6,1 por cento tarda máis de un ano. Ademais, la temporalidade en la contratación aumentou del 39,3 por cento, ao peche do primeiro trimestre de 2007, ata el 42,1 por cento de este ano.
Mentres que a maioría da xuventude vese con problemas para atopar traballo e saír da casa de papá e mamá, na outra cara da moeda atopamos a unha serie de personaxes famosas que con menos de 20 anos son as herdeiras máis ricas e poderosas do mundo.
Un exemplo máis que evidente é o de Paris Hilton, filla do magnate dono de todos os hoteis da cadea Hilton, que non contenta con dispoñer dunha das fortunas maís poderosas do mundo, adícase a gastar a maior parte do seu diñeiro en modeliños para o seu can.
A revista Forbes acostumada a clasificar ás persoas polos billóns que gardan no banco, non se lles ocorreu unha millor idea que realizar unha lista das 20 herdeiras máis ricas e poderosas do mundo.

Opinión personal: en resumo, despois de ler todo isto o que sacamos como conclusión, é que aínda nos quedan 19 anos na casa de mamá e papá gracias á crise que será a encargada de axudarnos a non atopar traballo, a que non cheguemos a fin de mes e a permitir que sigamos a ter envexa de personaxes como os da foto.

redactado por: Lara García e Raquel Dalama. 1ºD

fontes de información:CADENASER.COM / AGENCIAS 05 -09-2008/revista Forbes