13.10.08

A piratería


eLisa

Nos últimos anos producíronse unha serie de avances tecnolóxicos que transformaron e todavía transforman as formas de producción e distribución da música e da industria discográfica.
Revolucionouse a industria de música e os arquivos de música empezaron a circular en Internet nunha escala nunca antes imaxinada. Ben pode suceder isto mediante páxinas web como youtube ou redes de usuarios como eMule , os internautas do mundo entero comezaron a publicar , descargar e intercambiar entre sí arquivos musicais.
É xustamente isto o que transformouse en algo realmente explosivo e que todavía transitamos o que probablemente máis afectou á producción, o consumo e a distribución de produtos musicais. Tanto é asi que mentres que no 2006 o mercado da música en línea representou un 10% do total do mercado da música grabada, preveese que no 2009 alcance o 40 ou o 45%. Calculáse que as descargas de cancións incrementáronse nun 89% aproximadamente , ata alcanzar os 795 millóns.
É por iso polo que me gustaría determe. O primer impacto refírese á piratería e aos problemas relacionados cós dereitos do autor. O segundo ,refírese ás novas estratexias de distribución dos produtos musicais.
¿A piratería é un delito só e cando a copia de cancións se produce con ánimo de lucro? ¿Ou a descarga de cancións sen ánimo de lucro e para uso persoal tamén é delito?
O verdadeiro problema, en torno ós dereitos do autor en Internet non refírese ós autores nin ós consumidores, senón que perxudica exclusivamente ás discográficas.
Según a Sociedade Xeral de Autores e Editores , o reparto de un disco orixinal en calquer tenda de España por un valor de 15 € ( prezo medio habitual) , sería un 9,4% correspondente ós autores, un 13% correspondente ó distribuidor, o 16% ós ingresos de facenda , o 26% ó beneficio da tenda e o 34,6% ós ingresos da compañía discográfica. Polo que o problema detrás de todo isto , non é o medio de distribución nin o sistema legal de protección dos dereitos, senón a estructura mesma da industria musical.
En outras palabras , a “piratería en línea” non é un problema ético senón unha cuestión de prezos: a xente usa Internet porque lles permite acceder a bens culturais que son demasiado caros.

vía: martinvarsavsky.net