23.10.17

As EMN. Vantaxes fiscais derivadas de operar en diferentes países

2013:
Apple paga o 1,9% de impostos sobre o seu beneficio.
Pagou impostos no estranxeiro por valor de 713 millóns de dólares, frente a unha base impoñible de 36.800 millóns. Esta operación de enxeñeria financeira é totalmente legal e consiste en ter un centro de beneficios en países con baixa fiscalidade, como é o caso de Irlanda.



É unha práctica frecuente en empresas tecnolóxicas como Microsoft ou Google.

No caso desta última, chama a atención que declare perdas polas súas actividades en España. Isto é debido a que factura as operacións publicitarias do noso país tamén desde Irlanda.

En total, Google Spain facturou 38,3 millóns en 2011, un 46% máis que o ano anterior, casi todos xirados á filial irlandesa do grupo e unha pequena parte a Google Inc (en USA).
A filial española ocúpase do marketing e das demostracións, pero os centos de millóns de publicidade de clientes españois factúranse desde Irlanda. Google logra trasladar estes beneficios a paraísos fiscais, de xeito que a maior parte das ganancias escapen incluso ao reducido tipo do 12,5% do impuesto de sociedades irlandés. De feito, Google paga poco máis dun 3% polos seus beneficios de fóra de EE UU.

Fonte: ElPaís

Noticia relacionada: Apple, Microsoft, Google, Facebook, Yahoo, Ebay y Amazon que venden miles de millones en España pagaron solo 25 millones a Hacienda en los tres últimos años