26.12.08

O automóbil (III): Alternativas ao petróleo


No último mes Citröen rexeitou unha oferta da Xunta condicionada á fabricación en Vigo de un modelo eléctrico nun futuro próximo. ¿Por qué os fabricantes de coches aínda non se deciden a entrar de cheo na produción de modelos eléctricos?
O único problema que queda por solucionar é a batería. Para os coches eléctricos a batería que máis posibilidades ten de triunfar é a de ións de litio, a mesma que levan os teléfonos móbiles ou computadores portátiles, e distinta da dos actuais automóbiles híbridos. Cando se intenta aumentar a súa capacidade para o seu uso no coche eléctrico, xorden os problemas, pero hai moitos laboratorios en todo o mundo dedicados a melloralas e moitos científicos creen que é posible.

Unha batería de litio podería cargarse totalmente en cinco ou seis horas, pero tamén se están desenvolvendo cargadores rápidos, como os que ofrece a empresa xaponesa Mitsubishi para o seu futuro vehículo eléctrico i Miev, que cargaría a batería en media hora.

¿E que pasa cos coches que utilizan hidróxeno? A electrolise é a separación da molécula de auga nos seus compoñentes (dous átomos de hidróxeno e un de osíxeno) grazas á enerxía aportada pola electricidade. Os actuais coches de hidróxeno fan xusto o contrario: o hidróxeno que repostamos combínase co osíxeno do aire producindo auga e enerxía eléctrica. Para facer o contrario, primeiro hai que gastarse a enerxía en obter o hidróxeno para logo poder gastarse o hidróxeno en obter enerxía. Por iso , o hidróxeno, será inesgotable, pero non é unha fonte de enerxía.
Ol hidróxeno non é un combustible natural, hai que producilo, e polo momento, é moi caro. Non resultará viable nun prazo previsible, e enerxeticamente é un desastre, porque producir o hidróxeno custa máis enerxía da que logo dá. Só do 20% ao 25% da enerxía utilizada como fonte para sintetizar hidróxeno a partir de compostos naturais pode recuperarse despois para o seu uso final en células de combustible.
Hai dúas formas viables de producir hidróxeno a curto prazo: a partir de gas natural nas propias estacións de servizo, e a partir de biomasa ou carbón en grandes factorías centralizadas. Producir un quilo de hidróxeno polo primeiro método emite 12 kg. de dióxido de carbono. Isto quere dicir que os actuais coches de hidróxeno emiten (antes de arrancar) entre 110 e 190 gramos de dióxido de carbono por quilómetro, cifra comparable aos coches modernos de gasolina de pequeno tamaño. No caso do segundo procedemento, habería que considerar ademais as emisións derivadas de transportar o hidróxeno dende a factoría onde se producirá ata as estacións de servizo, polo que o hidróxeno sería catro veces maior ao prezo da enerxía eléctrica en réxime de libre mercado.

As baterías de ión de litio dos coches, como as dos teléfonos móbiles, poderanse recargar sen máis que enchufalas á rede. Pero isto supón para algún especialistas un problema, argumentando que se o 50% da flota de Madrid, por poñer un caso, fose eléctrica a rede viríase abaixo pola noite, cando os coches estivesen cargando.

Moitas empresas e países parecen inclinarse polos biocombustibles. Pero os biocombustibles non son a solución. A desviación de grandes superficies de cultivo á produción de combustible plantexa tamén outros problemas relacionados coa biodiversidade e co prezo dos alimentos (ver post relacionado: ¿biocombustibles asasinos?).

22.12.08

O automóbil (II): ¿Investirías os teus cartos nunha empresa que fabricase reprodutores de vídeo VHS?



Cometerías o mesmo erro que os que investiron miles de millóns de euros de diñeiro no negocio da venda por catálogo en vésperas do nacemento de eBay, ou os que tiraron miles de millóns de euros no negocio da música en discos compactos en vésperas do nacemento do iPod e de iTunes (ver o post relacionado), ou os que investiron para mellorar as máquinas de escribir en vésperas do nacemento do ordenador persoal e Internet.

O mesmo erro que está a cometer George W. Bush, que anunciou un plan de 17.400 millóns de dólares para General Motors (a casa matriz da Opel) e Chrysler, as dúas empresas de automóbiles en peor situación financeira que buscan desesperadamente una axuda de miles de dólares para evitar o peche. Nun momento no que o negocio parece ser outro

¿A que negocio nos referimos? Ao negocio de coches eléctricos de Shai Agassi, chamado Better Place. Xustamente a semana pasada, a empresa, con sede en California, anunciou unha alianza co estado de Hawai para probar en estrada o seu plan empresarial tras ter firmado xa acordos similares con Israel, Australia, San Francisco e Dinamarca.
O sistema de recarga do coche eléctrico de Better Place consiste en xerar electróns a partir de unha fonte de enerxía tan renovable como sexa posible (como a eólica e a solar) e, posteriormente, introducir eses electróns limpos nunha infraestrutura nacional para a recarga de coches eléctricos. Ésta está constituída por puntos de carga de electricidade con saídas en forma de enchufe, ademais de estacións para a substitución de baterías repartidas polo país en cuestión. Despois, todo o sistema se coordina dende un centro de control, que integra e elabora as facturas.
Co modelo de Better Place, os consumidores poden comprar o alugar un coche eléctrico do fabricante francés Renault ou de empresas xaponesas como Nissan (General Motors desprezou a Agassi) e logo comprarlle a Better Place quilómetros para as súas baterías eléctricas, do mesmo modo en que agora se compra un móbil a Nokia e os minutos a Movistar. Dese xeito, Better Place, ou calquera empresa de automóbiles que se asocie con ela, benefíciase de cada quilómetro que se recorre. General Motors vende coches. Better Place vende quilómetros de mobilidade.
Está previsto que os primeiros coches eléctricos de Renault e Nissan circulen por Dinamarca e Israel en 2011, cando todo o sistema debería estar listo e en funcionamento. Este mes, o ministro de Medio Ambiente de Xapón invitou a Better Place a unirse ao primeiro proxecto para coches eléctricos dirixido polo Goberno xunto a Honda, Mitsubishi e Subaru.
Better Place está construíndo unha empresa de automóbiles do século XXI, exactamente o mesmo que fixo Appel para revolucionar o negocio da música. ¿Que foi o que Apple descubriu? Para comezar, que a plataforma tecnolóxica actual permitiría que calquera que tivese un ordenador puidese gravar música. Segundo, que Internet e os reprodutores de MP3 permitirían que calquera puidese transferir música en formato dixital a outra persoa. Os CDs e as compañías discográficas xa non serían necesarios. Apple non hizo máis que tomar todas esas innovacións e reunilas nun sistema único de creación, compra e reprodución de música que alterou completamente o negocio da música.
O que di Better Place, é que hai unha nova forma de xerar mobilidade empregando a mesma plataforma. O único que fai falla é a clase apropiada de batería de coche -o iPod nesta historia- e a clase apropiada de rede nacional de recarga -a tenda de iTunes- para facer que o modelo empresarial funcione para os coches eléctricos a tres céntimos o quilómetro. O español medio está pagando hoxe en día uns seis/sete céntimos por quilómetro recorrido usando gasolina, o que tamén contribúe ao quecemento global e consolida o poder das petroleiras.

20.12.08

O automóbil (I): o problema en cifras


Citroën recoñece ter un stock de 700.000 coches, polo que necesita sacrificar produción nas súas seis maiores plantas de Europa (a de Vigo entre elas), que apenas traballarán en decembro.
O actual volume de existencias, ademais de baixar os ingresos en caixa, dispara os custos fixos aos que debe facer fronte o fabricante.

A man de obra representa só o 10% do custo de produción de un vehículo, fronte ao 60% das materias primas e o 30% restante, que supoñen enerxía, transporte e loxística.... Ás veces é máis rendible poñer fin á produción, aínda que durante ese tempo os empregados reciban o 100% do salario.
Outros traballadores non foron tan afortunados e víronse despedidos (en Vigo foron eliminados 1230 contratos).


As cifras xerais do sector indican que, en 2008, regresou a niveis de 1998 tras diminuir as vendas un 28% no ano e un 50% en decembro. E a previsión para o 2009 é dun 10% menor, segundo a Asociación de fabricantes.

16.11.08

Publicidade intelixente

A publicidade é a demostración de que todo non está inventado e así, fronte a campañas publicitarias que insultan á intelixencia humana, temos outras que estimulan e divirten. Na seguinte presentación tes algunhas delas.
publicidade intelixente
View SlideShare presentation or Upload your own. (tags: publicidad cool)

9.11.08

Actividade: Fai un traballo de investigación e postéao


Este traballo vaite levar varias clases.

Para ver en que consiste descarga este DOCUMENTO, no que deberás elixir un dos temas propostos e terás algúns enlaces para comezar a recopilar información.

26.10.08

A nova selectividade


Como ben sabes, o ano que ven cambian as probas de acceso á universidade. Aínda non se sabe como van ser exactamente; será a principios de curso cando informen dos cambios e tipos de proba definitivos.

Pero xa podemos ver por donde van os tiros:

Además da proba obrigatoria haberá outra optativa para acceder a determinadas carreiras "de grado" (así se chamarán as que sustitúan as licenciaturas e diplomaturas).

Seguirás examinándote das materias de 2º bac., pero as materias de 1º seguirán contando para a media como agora.

A ponderación da media do bacharelato será igual que agora.

Dentro de tres anos haberá tamén unha proba oral nun idioma estranxeiro, que poderá ser en inglés, alemán, francés, italiano ou portugués.

Se queres saber máis pincha no enlace de El País

21.10.08

Ricos e Pobres


A Crise económica obriga á xuventude a voltar a casa dos seus pais


Según o estudo do consello da Xuventude de Madrid, o 20% dos menores de 35 anos,emancipados nos derradeiros dous anos, deberán voltar ao fogar paterno.


“ Os xoves que non poden facer fronte aos gastos dun piso vense obrigados a voltar á casa dos seus pais”. Son palabras de Jaime Chapatte, presidente do consello da xuventude de Madrid(CJCM). A través dun estudo da organización que preside, a temporalidade(35%), en paro(13,2%) e os soldos baixos(a media,18.000 € brutos ao ano), son os problemas que,agora coa crise, están empurrando aos menores de 35 anos recentemente emancipados a voltar ao fogar paterno.

Os efectos da crise, dende abril
A volta a casa destes xoves ao fogar paterno comezou a facerse patente no segundo trimestre do ano, a través do Sindicato de Estudiantes. Tamén CC OO alertou deste problema, que achaca a que "cando se aveciña a crise, os primeiros en caer son os contratos temporais, e os xoves son quen máis sofren estas contratacións".

Máis de tres meses para atopar traballo
Por outra parte, o estudo destaca que un 41,2 por cento das persoas que buscan emprego inverten más de tres meses en obtelo, mentres que el 6,1 por cento tarda máis de un ano. Ademais, la temporalidade en la contratación aumentou del 39,3 por cento, ao peche do primeiro trimestre de 2007, ata el 42,1 por cento de este ano.
Mentres que a maioría da xuventude vese con problemas para atopar traballo e saír da casa de papá e mamá, na outra cara da moeda atopamos a unha serie de personaxes famosas que con menos de 20 anos son as herdeiras máis ricas e poderosas do mundo.
Un exemplo máis que evidente é o de Paris Hilton, filla do magnate dono de todos os hoteis da cadea Hilton, que non contenta con dispoñer dunha das fortunas maís poderosas do mundo, adícase a gastar a maior parte do seu diñeiro en modeliños para o seu can.
A revista Forbes acostumada a clasificar ás persoas polos billóns que gardan no banco, non se lles ocorreu unha millor idea que realizar unha lista das 20 herdeiras máis ricas e poderosas do mundo.

Opinión personal: en resumo, despois de ler todo isto o que sacamos como conclusión, é que aínda nos quedan 19 anos na casa de mamá e papá gracias á crise que será a encargada de axudarnos a non atopar traballo, a que non cheguemos a fin de mes e a permitir que sigamos a ter envexa de personaxes como os da foto.

redactado por: Lara García e Raquel Dalama. 1ºD

fontes de información:CADENASER.COM / AGENCIAS 05 -09-2008/revista Forbes

La CriSiS MoDiFiCa Los HáBiToS de ConsuMo


La crisis modifica los hábitos de consumo:;

La cesta de la compra se reduce en un 2,8% mientras el recurso a las marcas blancas sigue en cabeza.
Los consumidores han reducido la cantidad de productos en la cesta de la compra, han optado por artículos con precios más baratos, como los de marca blanca, y han retrasado las compras menos urgentes en el primer trimestre del año como consecuencia de la crisis, según ha indicado hoy el director de unidad de negocio de Nielsen, Pedro José Domínguez.
Ministerio de Industria, Turismo y Comercio
Durante la presentación del estudio Nielsen En tiempos de cambio, Domínguez ha explicado que aunque los españoles mantienen sus actos de compra, mas del 25 % de la población ya está intentando disminuir sus gastos de alimentación.
"El consumidor tiene más información que nunca gracias a los medios de comunicación, por lo que aumenta la crisis psicológica entre la población y se produce una reacción más dura", ha destacado Domínguez. Respecto a las previsiones para el próximo año, aseguró que el entorno económico cambia día a día y que las cifras varían enormemente, si bien ha pronosticado que la segunda mitad del año 2008 puede presentar una peor situación.
Domínguez ha destacado que una de las fórmulas de contener el gasto es la compra de más productos con marca de distribución o marcas blancas.
La facturación de productos de gran consumo que componen la cesta básica de la compra mantuvo una tasa de crecimiento entre enero y agosto de 2008 del 6%, pero a consecuencia en su mayor parte del aumento de los precios en un 4,4%, ya que el volumen de las ventas apenas crece un 1,5%.
En este sentido, el crecimiento de las ventas se sitúa en porcentajes muy moderados, inferiores al 2% mensual, mientras que los precios presentan una clara evolución alcista.



Opinion peRsonaL:

La crisis modifica el hábito de consumo porque en lugar de comprar muchas cosas innecesarias compramos lo necesario ya que los productos suben y nuestro salario es el mismo.Eligimnos preferentemente las marcas blancas ya que son mas baratas.


AnTia & MaRiSol

13.10.08

La crisis económica modifica los hábitos de compra de alimentos.


Inés Armada Y Sandra Romero.

La crisis económica y el miedo a no llegar a final de mes se están instalando en muchos hogares. Los ciudadanos están intentando apretarse el cinturón y mirar más los gastos, aseguran desde las asociaciones de consumidores. Y también están incrementando su tasa de ahorro, fundamentalmente por la situación financiera mundial. Pero los cambios no están afectando a todos por igual, ni todos están actuando de la misma manera, por lo que comienzan a surgir distintos perfiles de nuevos consumidores, fundamentalmente en el sector de la alimentación y los productos básicos.
Pero donde se están produciendo los cambios en los comportamientos o hábitos de compra es en los productos de primera necesidad. "En estos tiempos difíciles, el ciudadano regula su presupuesto para mantener el consumo de lo que más necesita, sacrificando otras compras menos imprescindibles, así el mercado no decrece pero la familia se ajusta".
Se ha detectado dos tipo de consumidores: el que sigue fiel a las marcas de siempre, aunque reduce en la cesta de la compra el número de artículos por el incremento de precios, y el que mantiene el volumen de compra gracias a la elección de las marcas más económicas y marcas blancas.
"Nuestra recomendación es que el consumidor compre solo aquello que necesita. Pero comparando antes los precios.
Y es que se está comprobando que cada vez más consumidores se ven obligados a ajustar su elección de marcas, el lugar en el que compra y la frecuencia con que lo hace.
"Se puede comprar calidad a precios más baratos. Y para eso están también las marcas blancas", "Lo que sí que hemos detectado es que ya no se compra tan alegremente y que los supermercados y mercadillos no están tan llenos.

El periódico de Aragón.

Esta noticia nos ha parecido muy interesante porque tiene mucha razón sobre lo que opina el escritor del periódico Aragón. Ya que la crisis económica esta influyendo bastante en nuestra compra diaria de alimentos.
Antes comprábamos todo lo que necesitábamos quizás de las mejores marcas del mercado, pero con la subida de precios para algunos ciudadanos eso se ha visto imposible, ya que para muchos llegar a fin de mes se hace bastante difícil, y los alimentos es algo imprescindible por lo que tenemos que conformarnos con otras marcas más baratas.

A piratería


eLisa

Nos últimos anos producíronse unha serie de avances tecnolóxicos que transformaron e todavía transforman as formas de producción e distribución da música e da industria discográfica.
Revolucionouse a industria de música e os arquivos de música empezaron a circular en Internet nunha escala nunca antes imaxinada. Ben pode suceder isto mediante páxinas web como youtube ou redes de usuarios como eMule , os internautas do mundo entero comezaron a publicar , descargar e intercambiar entre sí arquivos musicais.
É xustamente isto o que transformouse en algo realmente explosivo e que todavía transitamos o que probablemente máis afectou á producción, o consumo e a distribución de produtos musicais. Tanto é asi que mentres que no 2006 o mercado da música en línea representou un 10% do total do mercado da música grabada, preveese que no 2009 alcance o 40 ou o 45%. Calculáse que as descargas de cancións incrementáronse nun 89% aproximadamente , ata alcanzar os 795 millóns.
É por iso polo que me gustaría determe. O primer impacto refírese á piratería e aos problemas relacionados cós dereitos do autor. O segundo ,refírese ás novas estratexias de distribución dos produtos musicais.
¿A piratería é un delito só e cando a copia de cancións se produce con ánimo de lucro? ¿Ou a descarga de cancións sen ánimo de lucro e para uso persoal tamén é delito?
O verdadeiro problema, en torno ós dereitos do autor en Internet non refírese ós autores nin ós consumidores, senón que perxudica exclusivamente ás discográficas.
Según a Sociedade Xeral de Autores e Editores , o reparto de un disco orixinal en calquer tenda de España por un valor de 15 € ( prezo medio habitual) , sería un 9,4% correspondente ós autores, un 13% correspondente ó distribuidor, o 16% ós ingresos de facenda , o 26% ó beneficio da tenda e o 34,6% ós ingresos da compañía discográfica. Polo que o problema detrás de todo isto , non é o medio de distribución nin o sistema legal de protección dos dereitos, senón a estructura mesma da industria musical.
En outras palabras , a “piratería en línea” non é un problema ético senón unha cuestión de prezos: a xente usa Internet porque lles permite acceder a bens culturais que son demasiado caros.

vía: martinvarsavsky.net

El dinero negro



Manuel Diaz

Hay cuestiones que escapan al control de los gobiernos, actividades que muchas veces, el ciudadano medio no ve como moralmente cuestionables o merecedoras de castigos sociales pero que sin embargo, nos perjudican a todos. Una de ellas es la evasión de impuestos y el dinero negro.
El dinero negro es aquel que escapa al control de las autoridades, es dinero no declarado cuyo poseedor no tiene forma de probar cómo llegó a sus manos. No sólo puede haber sido originado en actividades delictivas como el narcotráfico, estafas, robos, contrabando, etc. Sino también (y más comúnmente), puede provenir de maniobras de evasión fiscal.
Todo dinero que no se declare pasa a formar parte de la economía sumergida, aquella que existe pero que no aparece en las cifras oficiales ni es muchas veces tomada en cuenta en las políticas monetarias. Es sorprendente constatar que las estimaciones respecto a la economía sumergida española rondan en el 23% del PBI, cuando el promedio de Europa se sitúa en el 10%.
El dinero negro es dinero de rápida movilidad, como una papa caliente para su portador. Nadie quiere sufrir una auditoría con dinero que jamás declaró. La mejor opción es deshacerse del mismo lo más rápido posible. Gastar y gastar hasta convertirlo en bienes y servicios, una vorágine de consumo focalizada que incrementa los precios y desacompasa la evolución de los mercados.
Los técnicos sostienen que es una de las principales razones que en España explica la diferencia en la evolución de sus precios internos (4,3% interanual) respecto al promedio de la Unión Europea (1,2% interanual).
Opinión: El tema es muy interesante porque en clase nunca se habla de donde procede este dinero.

via: el mundo

9.10.08

Expliquemos a crise

Non resulta fácil explicar as razóns da actual crise sen utilizar conceptos ou vocabulario especializado como "hipotecas subprime", "hedge funds", etc. Ou entender as razóns polas que os gobernos están garantindo os depósitos dos bancos, porqué compran parte dos seus activos ou porqué as bolsas dan estes bandazos.

Este video pode axudarche a comprendelo, con humor e aínda por riba aprendendo inglés.

26.6.08

¿Por que sube o petróleo?


Ademais do aumento da demanda e o control da oferta por parte dos países produtores, parece haber outro factor determinante: a especulación.
Os especuladores copan o 71% do mercado de petróleo. Os investidores especulativos multiplicaron nos últimos oito anos a súa presenza no mercado de petróleo tras pasar do 31% que rexistraban en 2000 ao 71% actual, segundo revelou a Comisión de Comercio de Materias Primas de Estados Unidos .
O mercado do petróleo converteuse dende hai tempo na única alternativa eficiente para a especulación a curto prazo, dado que nin as bolsas, nin a renda fixa, nin o mercado inmobiliario son capaces nestes momentos de ofrecer argumentos para atraer ao diñeiro.
Este fenómeno fixo que o barril de petróleo se encarecera máis dun 90% en dólares nos últimos doce meses e un 64% en euros. E parece que o cru non ten teito. De feito, os analistas de Goldman Sachas prevén que o petróleo pase en setembro a barreira psicolóxica dos 150 dólares e non descarta que chegue aos 200 ao longo do próximo inverno.
Máis cerca queda a última marca que marcou o petróleo este luns a 139,89 dólares por barril no mercado de Nova York mentres o Brent do mar do Norte, de referencia en Europa, batía tamén unha marca histórica a 139,32 dólares na mesma xornada.
Ademais, segundo afirma o experto de Analista Financeiros Internacionais David Fernández no seu blog en CincoDías, "cos tempos que corren na renda variable e a renda fixa, moitos foron os investidores que vían con anhelo as rendibilidades extraordinarias destes fondos de materias primas fronte ás conseguidas polos fondos máis tradicionais".

Via / El País

17.6.08

As tarefas do hogar suporían, de contabilizarse, un 27,4% do PIB


Unha boa parte da economía permanece invisible ás estatísticas. As tarefas do fogar, que realizan maioritariamente as mulleres, achegan ao país, segundo o INE, unha riqueza equivalente ao 27,4% do produto interior bruto (PIB), chegando este até 1,4 billóns de euros.

O INE entra así de cheo nun debate controvertido, pois algúns colectivos defenden que a importancia do traballo doméstico na economía xustifica a remuneración de quen desempeñan esas tarefas (xeralmente amas de casa).

Para elaborar esas cifras, o estudo ten en conta exclusivamente os traballos non remunerados. É dicir, non se inclúen os labores domésticos desempeñadas por empregadas de fogar, pois se supón que estas xa figuran no PIB. Os datos consideran que quen realiza os labores do fogar recibe un salario neto de 4,33 euros por hora de traballo, equivalente ao que percibe de media o persoal doméstico. Trátase, pois, dunha estimación prudente.

Os homes menos que as mulleres

Máis aló do valor económico que achega, o INE incide na distribución desigual desas tarefas entre homes e mulleres. Dos 46.375 millóns de horas anuais que se invisten no fogar, o 73% recae nas mulleres. Non hai ningunha actividade na que o home achéguese á muller en tempo investido. A máis desigual de todas é a correspondente ao vestido (lavado, pasado o ferro e confección de roupa). A actividade que require máis dedicación é a culinaria.

30.5.08

A publicidade que che colocan

Superpoderes do Audi A8 en Ironman
Non lle bastaba con asomar na cociña dos Serrano: a publicidade encuberta esténdese por YouTube, libros e cancións. Recorda: onde ti só ves un reloxo, alguén ve millóns de euros.
”A publicidade ten que ser agora de 360 graos, é dicir, saír á rúa e abarcar todos os medios. Xa non é algo que quede na televisión ou na prensa”, opina Tamara Martín, creativa na axencia TBWA, responsable dalgunhas das campañas máis premiadas de PlayStation. “A xente está tan afeita que necesita un punch creativo, que a pillen por sorpresa e interactuar”. A publicidade encuberta está demasiado asociada coa imaxe: choca que alguén cobre por citar unha marca nunha canción, pero ninguén se estrañou cando o primeiro que vimos en Me against the music, o vídeo musical de Britney Spears e Madonna, foi un plano pechado do logotipo dun coche Mazda (polo que o fabricante pagou 300.000 dólares, case 200.000 euros). Nos últimos anos, o product placement (así se coñece no sector á publicidade por emprazamento) chegou ás cancións, os vídeos virales e os videoxogos. Coa época dos taquillazos estivais xa iniciada grazas a Iron Man e a Indiana Jones e o reino da caveira de cristal, é hora de ver que anunciantes puxaron máis alto este ano por aparecer no seu terreo máis antigo: o cine.
As boas críticas de Iron Man víronse ensombrecidas nalgúns medios, como o diario británico The Guardian, que condenaron o seu desvergonzada publicidade pouco encuberta. Non só comen hamburguesas de Burger King (que casualmente regala bonequiños do personaxe con cada menú infantil), senón que a falta dun Audi (de logo visible e ostentoso), o que conduce Robert Downey Jr., hai outro que pilota Gwyneth Paltrow.
Pero cando é isto un problema? O cine emula á realidade, e a realidade, efectivamente, está chea de marcas. “Ás veces o product placement é beneficioso para a trama”, conta por teléfono Alberto , guionista e director de Aquí non hai quen viva e actualmente da que se aveciña, series xenerosas no número de etiquetas comerciais que conviven cos protagonistas. “Cando algunha marca vese de fondo, achega realismo: as casas están cheas de produtos. Se un personaxe estrea un coche, é a propia produtora quen busca a unha compañía interesada en sacar o seu automóbil”. É posible, pois, lucrarse sen que se note demasiado.
Recentemente, o filme Eu, robot (2004) foi o que máis paus levou por unha escena concreta, na que alguén admira as zapatillas de Will Smith e este responde: “Converse Vintage 2004” (a acción desenvólvese no futuro). “Hai que ter coidado: dadas as sumas que ofrecen as marcas cando tes éxito, é tentador converter a túa serie nun anuncio”, continúa . “En Aquí non hai quen viva, unha empresa de distribución enerxética ofreceu unha cantidade indecente de diñeiro por facer unha trama na que se cambiaba o tipo de calefacción da casa cara ao seu sistema de gasóleo. O problema foi que na comedia, se as cousas non saen ben, non hai trama. “Se non nos deixades cachondearnos do sistema de calefacción, non pode ser”, lles dixemos”. O publicitario inglés Steven Read resumiuno moi ben en declaracións á BBC: “Un produto ten que funcionar no contexto narrativo. Se salta da pantalla directo a ti, entón algo vai mal”.
Moitos tamén piden que se mida a quen vai dirixido o artigo a promocionar. “O product placement funciona mellor canto máis se identifique o espectador co que está vendo. Como en calquera outro tipo de publicidade, todo depende do gusto do público”, engade Tamara Martín. Pero nunha película apta para todas as idades, pódese anunciar, aínda que sexa solapadamente, calquera cousa. Cando Spiderman aterrou sobre unha camioneta que lucía un fastuoso logotipo da cervexa Carlsberg choveron as críticas: estábano vendo moitísimos nenos.
David Lynch, cando se lle preguntou que opinaba sobre o uso de product placement no pasado Dallas International Filme Festival, foi o máis claro de todos: “É unha merda. ¡Unha absoluta e fodida merda!”.

Ver texto completo VIA / EL PAÍS

19.5.08

Crisis? What crisis?


Este é o título dun magnífico álbum de 1975 de Supertramp, e tamén unha das frases máis repetidas nos últimos meses por responsables dentro do goberno galego. Pero despois da publicación dos seguintes datos haberá que cambiar de disco:
O Instituto Galego de Estatística publica os datos da estimación avance da Contabilidade trimestral correspondentes ao primeiro trimestre de 2008.
O Produto interior bruto xerado pola economía galega rexistrou, respecto ao mesmo período do ano anterior, un crecemento real no primeiro trimestre do 3,2%, (a taxa no conxunto de España foi dun 2,7%). Lembremos que o dato do anterior trimestre era dun 3,8%.
Pola súa parte, a variación intertrimestral do PIB no primeiro trimestre sitúase no 0,4% (fronte ao 0,3% do conxunto español). É dicir, crecendo a este ritmo, a variación anual do PIB en 2008 sería dun 1,6% en Galiza e un 1,2% en España (lembremos que crecer por debaixo dun 2,5% - 3% se traduce en un aumento significativo da taxa de paro)
Confírmase deste xeito que a desaceleración chega a Galiza, con retraso con respecto ao resto do estado, pero con similar tendencia.
Fonte IGE

Impostos indirectos e distribución da renda


Segundo un estudo do Instituto de Investigación Económica Aplicada (Ipea), en Brasil o gran peso dos impostos indirectos fai que aumenten as desigualdades, facendo que un 10% da poboación concentre o 75,5% da riqueza do país, unhas cifras que varían pouco das rexistradas a finais do século XVIII.
Outro dos aspectos revelados polo estudo é que os impostos pesan moito máis sobre os pobres que sobre os ricos. A carga tributaria representa un 22,7% de renda para o 10% dos máis ricos, mentres que, para o 10% máis pobre, o peso equivale ao 32,8% da súa renda.
A explicación desa anomalía é que a base da recadación en Brasil é máis forte nos chamados impostos indirectos, que gravan os bens de consumo. Como o cidadán máis pobre gasta a maior parte da súa renda en consumo, acaba pagando máis impostos que os ricos. Segundo os poucos datos que se conservan de finais do século XVIII, a distribución da renda en Río de Janeiro, por exemplo, era practicamente mesma que agora, é dicir, o 10% da poboación posuía o 68% da riqueza. Hoxe, ese mesma porcentaxe posúe o 62,9%.
O presidente de Ipea pediu ao Goberno a creación dun imposto para as maiores fortunas e para as herdanzas, así como unha reforma tributaria seria.

16.5.08

Menos caridade e máis solidariedade


A ONG Christian Aid arremete contra os famosos que denuncian a pobreza pero evitan o pagamento de impostos.
Se os famosos comprometidos co progreso do Terceiro Mundo pagasen os mesmos impostos que os cidadáns do montón, os países en desenvolvemento poderían contribuír con moita máis xenerosidade a resolver eses problemas e podería salvarse, potencialmente, a vida de 5,6 millóns de nenos en 15 anos.

A organización sinala co dedo a tres famosos, os cantantes Bono e Phil Collins e o piloto de Fórmula 1 Lewis Hamilton. Collins e Hamilton pagan os seus impostos en Suíza, e Bono, incansable propagandista da loita contra a pobreza en África, declara os ingresos que recibe por dereitos de autor a partir dunha estrutura fiscal en Holanda. Se pagasen máis impostos, axudarían mellor a combater a pobreza que con concertos de caridade. O informe ten como obxectivo concienciar aos máis afortunados sobre a importancia de pagar impostos e defende a tese de que, aínda que non son considerados delincuentes porque non fan nada ilegal, teñen unha responsabilidade moral porque recorren á enxeñería financeira para evitar o pago de impostos.


Christian Aid, ataca tamén ás grandes asesorías fiscais e en particular aos catro grandes do sector, KPMG, PriceWaterhouseCoopers, Deloitte e Ernst & Young, que axudan ás multinacionais a aforrarse cada ano miles de millóns de dólares.
As compañías evitan legalmente o pago de impostos pero a miúdo tamén cometen delitos de evasión fiscal mediante contabilidades cruzadas entre filiais do mesmo conglomerado ou falsificando os prezos. Dous sistemas que, segundo o informe, cústanlle cada ano ao fisco de Estados Unidos 160.000 millóns de dólares (máis de 100.000 millóns de euros). Unha cantidade equivalente a 1,5 veces o diñeiro que todos os países ricos dedican a axudar aos países máis pobres.
VIA EL PAÍS

Pero tampouco é cuestión de darle caña só a Hamilton e esquecernos de que Fernando Alonso, igual que antes fixera Schumacher, ten tamén a súa residencia en Suiza polo seu apetecible réxime fiscal
En Suíza, todo deportista e artista residente, que xere a maior parte da súa riqueza fóra de territorio suízo, ten dereito a ser gravado sobre os seus gastos (e non sobre os seus ingresos anuais como sucedería normalmente), sempre que estes superen os 300.000 francos suízos anuais. Un beneficio que tamén gozan celebridades como o francés Alain Prost, o canadense Jacques Villeneuve ou o escocés David Coulthard dentro do ámbito deportivo.


Tecnicamente, o imposto calcúlase do seguinte xeito: o beneficiario informa á oficina de recadación do seu cantón o monto do aluguer ou gastos de hospedaxe que paga cada mes. O fisco asume por regra que é equivalente a 20% dos seus gastos mensuais, que posteriormente se multiplican polos 12 meses do ano. E a esa cantidade aplícaselle unha taxa do 30%.


Cun exemplo específico. Para alguén que paga un aluguer mensual de 3.000 francos suízos correspondería un ingreso anual -segundo as regras de tributación- de 180.000 francos, e un pago de impostos de 54.000 francos anuais, unha carga fiscal que pode ser moi afastada ao que ese mesmo contribuínte pagaría polos seus ingresos ou fortuna noutros países.
VÍA SWISSINFO

15.5.08

Traballo asegurado


O Inem acaba de publicar cales son os postos de traballo que, actualmente, as empresas teñen maior dificultade para cubrir.

Chama a atención que na provincia de Lugo se necesiten: farmacéuticos, asistentes sociais, relacións públicas, panadeiros, peóns e sobre todo postos técnicos e de servizos nos barcos. Todas estas profesións teñen traballo asegurado.
A nivel nacional entrenadores e deportistas son dos que atopan contrato.

Se queres acceder a o informe completo por provincias pincha no seguinte enlace: INFORME

11.5.08

¿biocombustibles asasinos?

Campo Verde (Brasil) - Foto de Bloomberg

Hai máis dun ano desde este mesmo blog dábamos a voz de alarma sobre os efectos negativos dos biocarburantes, considerados por esas datas como a gran solución medioambiental, agora expoñemos un resumo dun artículo publicado no País que pon as cousas moi claras.
A crise alimentaria sementa dúbidas sobre o papel do biocarburante na seguridade enerxética e ambiental. Mimados polos subsidios e a lexislación en Europa e en Estados Unidos, os biocarburantes creceron nos últimos anos á mesma velocidade que agora perden apoios. Sen os biocarburantes, a gasolina sería aínda un 15% máis cara. Pero o impacto sobre o incremento dos prezos dos alimentos vai moito máis alá. O problema é que non hai moitas alternativas: o crecemento económico esixe enerxía en grandes doses. E ante a puxanza de China e India, de onde vai vir a enerxía necesaria se non sae de aí? Imos dicirlles aos países en desenvolvemento que non crezan?.

Os produtores de biocombustibles eran hai nada unha bendición para o medio ambiente, e á súa vez unha alternativa ao petróleo, cada vez máis caro e escaso, e polo tanto unha aposta de futuro para apontoar a seguridade enerxética internacional, pero deu lugar ao encarecemento dos alimentos e a súa fames negras que afectan xa a case 40 países.

Europa destina pouco máis do 4,5% de todos os cereais cultivados á produción enerxética, uns 21,5 millóns de toneladas. Pero as cifras globais son máis importantes, e sobre todo a tendencia de crecemento é abafadora. Case un terzo do millo que creceu o ano pasado nos campos estadounidenses (preto de 80 millóns de toneladas) alimentan hoxe coches, e non persoas.

Os fortes subsidios e o apoio regulatorio que ofrecen a Unión Europea e o Goberno de EE UU ao cultivo de materias primas para biofuel fan cada vez máis atractivo destinar as colleitas a encher os depósitos e non os estómagos. Iso inflúe directamente nas cotizacións. O aumento da produción de millo obtívose a expensas de colleitas doutros cereais, con efectos sobre os prezos polas súas consecuencias en toda a cadea alimentaria.

Os expertos cuéstionanse se o biocarburante, chamado a reducir a tiranía do petróleo, é tan rendible como parecía. Á marxe dos subsidios, só saen a conta se se combinan altos prezos para o cru e baixos prezos para o cereal (talvez coa excepción do etanol de Brasil). O primeiro está servido: tanto o cru brent europeo como o West Texas estadounidense superaron xa os 120 dólares por barril, e van camiño dos 150 e ata dos 200 dólares. O segundo é cada vez máis complicado. O millo vale agora preto de oito dólares por bushel (24,5 quilos) na Bolsa de Chicago, un 60% máis que o ano pasado. O trigo subiu o 53% nun ano. E a soia un 40%.

Ante esas distorsiones no mercado alimentario, parece oportuna unha moratoria en Europa para atrasar os ambiciosos plans de utilización de biocarburantes, que segundo a normativa actual deben supor polo menos o 10% das gasolinas en 2020. Pero o presidente Bush declarou fai uns días que os biocombustibles "só son responsables do 15% da inflación nos alimentos". Bush continúa defendendo contra vento e marea este combustible, ao que considera indispensable para reducir a dependencia enerxética estadounidense, unha das súas obsesións. De aí o gran volume de subvencións que se conceden para a plantación de millo e das leis que apoian a súa transformación en carburante. Na Unión Europea a situación é similar. Bruxelas mantén os seus apoios ao biocarburante, a pesar de que xa xurdiron as primeiras voces discordantes.

Hartmut Michel, premio Nobel de Química en 1988, asegurou xa en 2007 que os biocarburantes non aforran emisións de CO2. Michel explicaba que para conseguir o combustible é necesario o uso de fertilizante, maquinaria e unha destilación que provocan que se acabe emitindo máis CO2 do que produce calquera motor de gasolina nun coche. Os ecoloxistas apuntan outros factores. "Hai que engadir a deforestación que causan as plantacións. Hai países onde se substitúen cultivos, esnaquízanse bosques ou se planta en zonas sumamente fértiles que poderían destinarse ao autoabastecimiento", matizan os investigadores de Intermón. Así o aceite de palma encareceuse un 37% por culpa do biocombustible. O millo, un 60%. A soia, un 30%. Só hai unha excepción: a cana de azucre de Brasil. En Estados Unidos e a Unión Europea, a produción é custosa e, a pesar das subvencións, é complicada a viabilidade do biocarburante. Con todo, en Brasil os custos de elaboración son mínimos en comparación co resto de produtores. Segundo datos da OCDE, obter unha tonelada de biodiésel costa na Unión Europea máis de 500 dólares (320 euros). Producila en Brasil vale menos de 300 (193 euros).

vía EL PAIS

9.5.08

CRISIS ALIMENTOS


Por David Mosteiro 1º bac a
El Banco Mundial no es optimista con la crisis alimentaria. Hay escasez para rato. Los altos precios mundiales de los alimentos no se van a terminar en unas semanas. Ni siquiera en unos meses. Robert Zoellick, presidente del organismo, advirtió ayer de que quedan siete años de precios altos.
Se espera que haya una respuesta por parte de la oferta y que se vayan reduciendo un poquito los precios entre 2009 y 2010, pero en términos generales sentimos que los precios se van a mantener altos hasta 2015", explicó Zoellick en México. El presidente del Banco Mundial consideró importante que todos los países lleven a cabo reformas agrarias para aumentar la producción de alimentos.
Esperamos un repunte de la oferta de alimentos que permita frenar los precios entre 2009 y 2010», dijo Zoellick, quien agregó que actualmente existe un debate sobre el uso de granos y productos agrícolas, como el maíz en Estados Unidos y la caña de azúcar en Brasil, para promover la producción de combustibles biológicos sin encarecer los precios de los alimentos.
Por este motivo, Zoellick pidió a EE UU que evalúe el alza en los precios mundiales de los alimentos y su efecto en los pobres al establecer las políticas que dirigen buena parte de su cosecha de maíz a la producción de biocombustibles.
Los precios de los alimentos básicos como el trigo y el arroz se han disparado y el fenómeno suele atribuirse al cambio climático y al incremento del consumo de alimentos en Asia, particularmente en economías en crecimiento como China, además de a la crisis desatada por las hipotecas «basura» en Estados Unidos.
via EL PAIS

Galicia producirá el 13% de la demanda eléctrica nacional


Tania Mosquera López

Galicia está a punto de adentrarse en una nueva industria energética, que ampliará su potencial eléctrico en el país. A finales de este mismo mes entrará en operación industrial la primera central de ciclo combinado de la comunidad, la que ha construido Endesa en As Pontes, de 800 megavatios de potencia, y en pocas semanas más lo hará la de Unión Fenosa en Sabón, de 400 megavatios.
En conjunto, incrementarán en un 23% la generación eléctrica gallega, que alcanzará los 33.300 gigavatios hora al año (GWh). Con estas nuevas industrias, que producen electricidad con el gas suministrado desde Reganosa y con vapor de agua, Galicia será capaz de satisfacer cerca del 13% del consumo eléctrico del país, que el pasado año fue de 260.838 GWh.
Los ciclos combinados de As Pontes y Sabón se encuentran actualmente en fase de pruebas. Endesa evalúa en estos momentos el comportamiento de su planta con gasoil, combustible que puede ser utilizado como alternativo al gas. Javier Granja, director de la central, en la que Endesa ha invertido alrededor de 800 millones de euros, explicó ayer que la ejecución de esta terminal en unos terrenos anexos a la central térmica pontesa se ha hecho reservando espacio para albergar posibles nuevas centrales. «El espacio está preparado por si un día Endesa piensa en poner otra central de ciclo combinado de 800 megavatios de potencia», afirmó. Por ahora, la compañía no ha incluido este proyecto en sus planes de inversión a corto plazo.
Mayor eficiencia
Granja aseguró ayer -en una conferencia en Ferrol que puso el broche a un ciclo sobre el sector eléctrico celebrado en la Escuela Universitaria Politécnica desde el pasado abril en la ciudad naval- que las centrales de ciclo combinado tienen una eficiencia mayor a las que utilizan otro tipo de combustible. «Una eficiencia mayor es una de las razones de su auge, y también el hecho de que la inversión comparada de euros por kilovatio instalado es la mitad de las otras tecnologías», explicó. Con el arranque de su grupo de gas, Endesa aumentará en un 35% su potencia en Galicia, en donde cuenta con una planta de carbón con 1.400 megavatios; centrales hidráulicas con 340 megavatios y 540 megavatios eólicos.
Unión Fenosa también mantiene en pruebas su central de Sabón, en la que tuvo que sustituir distintos mecanismos. La eléctrica que preside Pedro López Jiménez mantiene sin concretar la fecha de materialización del segundo de los grupos de gas, también de 400 megavatios, anunciado para el emplazamiento coruñés. Actualmente funcionan en España alrededor de medio centenar de centrales de ciclo combinado, la mayoría impulsadas por las principales eléctricas del país.
Unas de las razones de que Galicia sea una de las comunidades que más energía proporciona es debido a que en nuestros montes ponen cada vez más aerogenerodores, lo que tiene unas consecuencias negativas como por ejemplo un ambiente desagradable o la destrucción de ellos además de que nos impiden tener plantaciones...

29.4.08

visita a Inditex (III)



Seguimos no centro loxístico (curiosidade: na planta máis pequena estaban a distribuir o produto para o cono sur, Arxentina, Chile, Uruguay. A onde, como están no outono, están mandando a roupa do inverno). A parte que parecía máis agobiante era a sección de planchado, con unhas máquinas especiais segundo a roupa sexa para homes, mulleres e nenos.

Noutra planta da plataforma loxística vimos o centro de distribución con guías mecanizadas que levan a roupa para as caixas onde será embalada e a continuación embarcada no camión que lle corresponde segundo sexa para transporte terrestre ou aéreo.
Entre as guías, as tolvas, as cintas mecanizadas, destaca unha máquina que, pola súa dimensión, foi especialmente creada para Zara, chamada "carrusel" e que permite distribuir as pezas que van planchadas e empaquetadas.

A enorme flota de camións que vemos no exterior, todos coas cores da empresa, resulta ser un servicio externo (pertencen a empresas particulares que prestan o servicio en exclusividade a Inditex).

Para finalizar, a amable relacións públicas contounos o esforzo da compañía pola sostenibilidade que se concreta en reciclado de plásticos, cartóns, e outros materiais, e na produción de enerxía eólica (teñen un gran aeroxerador no polígono) para abastecer ás fábricas contíguas, vendendo o excedente a Fenosa.
Aproveitan tamén o calor do departamento de planchado utilizándoo para a calefacción da sede central da compañía.

Contarvos tamén que a excursión continuou pola Coruña coa visita á exposición da Fundación Caixagalicia (o arte e a moda) na que poidemos ver creacións de Yves Saint Laurent e obras de Pablo Picasso, Henri Matisse, Piet Mondrian o Andy Warhol, entre otros, nas que se inspirou.
A imaxe corresponde a un taller de deseño que fixemos na propia fundación.

21.4.08

visita a Inditex (II)


Dalí fomos a outro edificio, a plataforma loxística, unha nave con 500.000 metros cuadrados, conectada coa sede central e varias fábricas (oito?) por 260 Km. de túneis subterráneos con guías mecanizadas por onde circulan as prendas. Curiosidade: Os empregados teñen unhas bicis para desprazarse pola superficie.
Eses patróns que vimos antes son colocados nas pezas de tea, para poder cortalos, pero antes outro software e unhas especialistas tentan aforrar tea poñendo as diferentes pezas no ordenador como se fose un Tetris (aforrar 2 ou 3 cm. en cada peza, multiplicado por miles de pezas son moitos cartos de custo en tea)..... Por certo: as especialistan consiguen aforrar máis metros que o programa informático.
Despois ven o corte das pezas de tea (teñen millóns de metros almacenados, que son vendidos a Zara por distintos provedores. Vimos unhas 30 salas para recibilos na sede central). Para cortalas hai unhas mesas que poden ter uns 30 metros de longo con unhas máquinas que van extendendo os rolos de tea, formando unhas 50 capas. Para facilitar o manexo de tanto peso as mesas teñen uns buratos polos que sae aire comprimido. Outra máquina vai precintando as teas e facendo o vacío para que, cando outra máquina empece a cortar, as teas non se movan e o corte saia perfecto.

As pezas de tea cortadas nalgúns casos son enviadas ás fábricas que están no polígono, noutros son enviadas a fábricas doutros puntos de Galiza ou norte de Portugal, e noutros a países como Marruecos, México, China ou India para o seu cosido. Aquí só queren as fases nas que se crea valor engadido, deixando os procesos máis sinxelos para empresas de países nos que a produción é moito máis barata.

Por exemplo: cal é o recorrido que fai un pantalón texano comprado por un venezolano en Caracas nunha tenda de Zara?. Estaría deseñado, patronado e cortado en Arteixo, meteríanse as pezas de tea nunha caixa de cartón e as levarían nun camión até o avión para que sexan cosidas nunha fábrica china (que cobrará uns céntimos de €) e unha vez confeccionado voltará en avión a Arteixo para ser planchado, etiquetado, comprobada a súa calidade e envolto en plástico, listo para levalo de novo en camión e avión até Caracas.

O curioso é que se no lugar dun venezolano é un chino de Shangai quen compra nun Zara , o recorrido do pantalón é o mesmo, iría a China para ser cosido, voltaría a Arteixo e de novo para China. ¿Compensa economicamente?

Vendo os beneficios de Zara está claro que sí. Producen onde máis barato é, quedándonos aquí co proceso que máis valor engadido crea e co control de toda a produción para garantir que as prendas cumplan uns estándares.
Se o pantalón vai a China con outros millóns de pantalóns e volve, é porque despois vanse distribuír a todo o mundo dende Arteixo, sen asumir o custo doutras plataformas loxísticas espalladas polos diferentes continentes. Ademáis, aproveitando as viaxes de ida e volta que fan outras prendas entre Arteixo e China, o custo do transporte dese pantalón, entre millóns, é case insignificante no prezo final.

16.4.08

visita a Inditex I



A visita á sede central de Inditex en Arteixo, para ver as distintas fases do proceso foi moi interesante.
Tede en conta que en Arteixo só están instalados Zara "hombre", Zara muller e Kiddy's Class. Tamén están Zara home (hogar) e a nova tenda Uterqüe. O resto: Bershka, Pull and Bear, Stradivarius, Massimo Duti, e Oysho, están nos centros de Zaragoaza e Barcelona. Por falta de espazo en Arteixo din eles, sopoño que tamén por facilidade para distribuír o produto. Tamén porque cando compraron Massimo Duti, esta marca era catalana.

Non recordo exactamente o nº de países nos que está reprsentado o grupo, nin o número de tendas, pero eran uns 68 países e 1300 tendas (?). De todas formas, estas cifras van quedar anticuadas en pouco tempo pola súa imparable expansión. Curiosidade: Hai países nos que non se venden prendas en cor amarela, e outros nos que a cor laranxa está reservada para o sagrado (como a India e os budistas e hinduístas).

Comezamos polo departamento de deseño, onde "country managers" de diferentes países diante de ordenadores e rodeados de fotos e recomendacións que envían "ojeadores" de lugares como Tokio, Amsterdam ou NovaYork, as cidades onde a xente viste dun xeito orixinal e que pode crear tendencias.
Unha vez feito o deseño, un programa informático o transforma nun patrón, e convérteno en pezas das diferentes tallas.
O 60% da planta de deseño está dedicada á muller e o 40% restante divídese entre home e nenos, e en cada unha diferentes liñas, por exemplo en homes temos zara men (máis calidade e maior prezo), TRF (medio) e Zara basic. Curiosidade: para a roupa de nenos teñen uns maniquíes, para homes e mulleres teñen uns modelos que non paran de probar roupa (...como chollo non parece moi estimulante ¿non?)
Despois seguiremos co proceso produtivo pero antes comentar que, nese edificio, visitamos as tendas piloto: un pequeno centro comercial fantasma, onde impecables tendas cos produtos que van estar nas tendas proximamente perfectamente colocados nas estanterías, e con empregados sacando fotos para que nas diferentes tendas do mundo saiban como teñen que poñelos.
Destacaba a nova cadea de Uterqüe, na que venderán complementos propios dun certo nivel nunha decoración con librerías clásicas sobre fondos negros, nos que destacará o artículo por medio da iluminación.

Zara en Pekín

Para terminar varios datos:
Todas as tendas do mundo son iguais e son montadas con materiais e equipos que viaxan dende a nosa terra.
E en todas elas soan 500 temas de música seleccionada por especialistas. Cada semana son renovados 100 deles.

6.3.08

FACTURAE



Por Cristina Ramos 1ºbac -b
La factura electrónica supondrá un ahorro de 15.000 millones de euros para las empresas
El papel va a estar cada vez menos presente en el entorno empresarial. El Gobierno ha presentado recientemente la factura electrónica, Facturae, que sustituirá a la tradicional, eliminando así el uso de hasta 9.000 hojas de papel anuales. Con esta medida, las empresas podrán ahorrar además hasta 15.000 millones de euros al año.
Según las estimaciones, en España se hacen unas 4.500 millones de facturas al año, con un ahorro por factura, en el caso de hacerlas electrónicamente, de 3,4 euros. Por tanto, la divulgación de la factura electrónica se traduce en un ahorro potencial al año de más de 15.000 millones de euros para la economía española, un 1,5% del PIB. Además, se deja de consumir hasta 9.000 millones de hojas de papel al año.
Facturae es un formato gratuito, abierto y con la garantía de la Agencia Tributaria y de la Secretaría de Estado de Telecomunicaciones y para la Sociedad de la Información, que además se mantendrá y se adaptará a los estándares internacionales. Así, “el ahorro en la utilización de la factura electrónica repercutirá en mejoras en competitividad y productividad de las empresas españolas”, según el Ministerio.
España es el primer país de Europa en presentar un formato de factura electrónica gratuito, abierto y garantizado por la Administración, mientras que simultáneamente lidera los trabajos en los foros de la Unión Europea en este ámbito, según ha recordado el Ministerio.
Facturae será un ahorro muy grande, tanto de dinero como de papeleo para las grandes y pequeñas empresas, esto a su vez podría repercutir en los empleados que trabajen en ellas ya que podrían ver aumentado su sueldo con el enorme ahorro que supondría la factura electrónica.

24.2.08

¿DE ONDE SAE A ENERXÍA QUE UTILIZAS?


central térmica de As Pontes

As centrais das Pontes e Arteixo utilizarán gas natural, subministrado pola polémica regasificadora de Mugardos, co que contaminarán un 44% menos que usando carbón. Cando ambas as instalacións se incorporen á rede, Galiza incrementará a súa capacidade xeradora de enerxía eléctrica nun 23%, ao pasar de 27.000 gigavatios hora a 33.300 ao ano.
A enerxía eléctrica producida na Galiza, sumando xa estes ciclos combinados, cubrirá o 13% da demanda anual de toda España, que no 2006 foi de 253.450 GWh.
As centrais de ciclo combinado saciaron o ano pasado o 28% das necesidades enerxéticas de España, segundo Rede Eléctrica. Convértese así na materia prima con máis peso na produción eléctrica nacional, por encima do carbón (que atendeu o 26% da demanda) e da nuclear (23%). Pero, segundo as previsións do Goberno central, dentro de catro anos, as turbinas de gas cubrirán o 33% das necesidades enerxéticas de España, máis que o carbón (15%), nuclear (17,5%) e seguido de cerca polas renovables (30,9%): hidroeléctrica, eólica, solar.
Ese é o escenario a catro anos vista deseñado polo Goberno e reflectido no Plan Nacional de Asignacións (PNA) 2008-2012, no que, como ocorreu co plan aínda en vigor, prémiase con máis dereitos de emisión ás centrais de gas, en detrimento de as de carbón. O obxectivo é fomentar o uso dunha enerxía escasamente contaminante, recortar emisións e achegarse aos obxectivos do Protocolo de Kioto.
Unha central de ciclo combinado, como a das Pontes, de 800 megavatios, emitirá á atmosfera 400 gramos de dióxido de carbono -o principal gas de efecto invernadoiro e do cambio climático no planeta- por un quilovatio hora neto xerado. Esa mesma cantidade de produción nunha central de carbón concluirá en 900 gramos de CO2 emitidos. En definitiva, un 44% menos.
Ademais, unha instalación de gas non xera dióxido de xofre, como as de carbón. Si emite, en cambio, óxidos de nitróxeno.
Adega en Galiza, critica que a planta de gas estea situada en Mugardos e non está de acordo co sistema enerxético español. Pero recoñece que o gas é o mellor dos combustibles fósiles porque con el reducirase a emisión de gases de efecto invernadoiro á atmosfera: é un mal menor.
Adega é partidaria de que as enerxías renovables atendan toda a demanda de electricidade. Tamén aposta pola aplicación de medidas dirixidas a fomentar o aforro enerxético e a incrementar a eficacia das instalacións.
¿E nós que podemos facer?. Por un lado, esixir que as políticas enerxéticas dos nosos gobernantes estén orientadas cara ás renovables, e por outro, consumir só a enerxía que necesites, tomando medidas de aforro e eficiencia enerxéticas.

10.2.08

O modelo Zara

Xa deixamos de comprar roupa dúas veces ao ano


A forma de comprar moda cambiou. Adquirimos pezas de vestir 12 veces ao ano e cada vez que entramos nunha tenda queremos ver algo novo. Se non, aburrímonos. A nosa ansiedade por estrear é tal que somos capaces de comprar un bañador o mesmo día en que cae a primeira nevada. Zara envía pezas novas ás súas tendas dúas veces á semana e os ecos do seu modelo sacoden o sistema da moda e déixanse sentir, ata, na súa cúspide. Chanel e Dior lanzan agora oito coleccións ao ano cada unha.
Pero que é o que fixo Zara exactamente? Imprimir unha velocidade de vertixe. Máis de 200 deseñadores colocan produtos novos nas súas case mil tendas de todo o mundo con esa frecuencia. E deseñan, producen e distribúen pezas novas en tres semanas. Unha flexibilidade fundamental para o éxito dunha empresa que facturou 5.352 millóns de euros en 2006.
Mango é outra compañía española que aposta forte pola rotación, facendo coleccións mensuais.
En 2005 cada español gastou unha media de 562,9 euros; en 2007, a cifra redúcese a 546,3. Aínda que nin sequera iso detén o noso apetito por estrear, o principal motivador de compra segue sendo a relación calidade-prezo. Pero se demanda cada vez máis a un establecemento que ofreza unha ampla variedade e variedade de pezas, estilos e tallas. Queremos ter a sensación de que podemos escoller e de que nos ofrecen novidades".
Hai quen compra o que necesita e cando o necesita. Outros, en cambio, xa están pensando agora no que se porán dentro duns meses. Este segundo perfil compra unhas cinco ou seis veces ao ano. Iso significa que seguramente visita as tendas moitas máis e hai que renovar para que non se aburra.
Zara cambiou a forma de entender a compra de roupa. Ata, para as marcas de luxo. Todos vense obrigados a ofrecer maior rotación. Non ten sentido esperar seis meses. Nos mercados maduros a xente ten os armarios cheos de cousas e fai falta provocar e seducir. É parte da cultura do consumo actual.
Antes, a xente entraba nestas tendas só porque eran máis baratas, pero agora vai de paseo. Efectivamente, segundo un estudo de TNS publicado en 2006, máis do 60% dos adolescentes españois, cuxo consumo de téxtil e de calzado suma máis de 2.400 millóns de euros, considera ir de compras como un "pasatempo. Máis da metade declara que lle gusta "a roupa de última tendencia" e as mozas din buscar "rotación, novidade e moda". Auténtica gasolina para aumentar as revolucións do motor do consumo.

6.2.08

¿Biocarburantes non, grazas?



Xa vimos anteriormente que unha das razóns que explica as fortes subidas dos prezos dos alimentos é o aumento producido na demanda de cereais, a consecuencia do seu uso na produción de biocombustibles.
Cabería entón preguntarse se paga a pena sufrir os efectos da inflación a cambio de colaborar a contrarrestar o cambio climático. Ou mellor aínda (é por comezar polo principio) habería que preguntarse se realmente os biocombustibles son unha boa solución aos nosos problemas de sostenibilidade.
Para empezar os países máis entusiastas do etanol e o biodiésel -os máis desenvolvidos-, non posúen terras dispoñibles para a produción agrícola das materias primas necesarias para a súa produción (millo, soia, cana de azucre, palma, remolacha, trigo, etc.). Tan só os Estados Unidos poderían dedicar terras a estes cultivos de seguir aumentando os seus prezos.
Polo que é obrigado importar cantidades masivas destes produtos dos países menos desenvolvidos, provocando efectos como deforestación, o encarecemento dos produtos alimentarios básicos e o colapso das economías dos países máis pobres.
Arrasar selva tropical para conseguir aceite de palma en Indonesia, transportalo en barco queimando combustible fósil ata España e producilo aquí só é rendible grazas ás axudas, pero o balance para o planeta pode ser negativo.
O que xa parece estar decidido é que cando un condutor encha o depósito de gasolina ou de diésel en calquera gasolineira de España levará obrigatoriamente unha porcentaxe de biocarburantes, obtido a partir de cereais. E farao a partir de 2010 queira ou non e probablemente sen sabelo, xa que non estará etiquetada.
A solución podería ser plantar nunha zona, fabricar cerca o biocarburante e distribuílo na comarca, para gastar no proceso pouca enerxía e aforrar de verdade CO2e vetar os biocombustibles que causen deforestación e pobreza.
A UE, presionada por varias ONGs, xa tomou medidas neste sentido como podedes ver nun dos documentos seguintes.
Biocombustibles que empobrecen
Biocombustibles sostibles e 3 artículos máis